
Hoxe a última hora no Congreso Internacional de Estudos Celtas en Narón desfrutamos da segunda exhibición pública da longametraxe documental protagonizada polo músico Carlos Núñez Brasil somos nós (antes se exhibiu no Play Doc). Honestamente, creo que é un dos mellores documentais galegos que teño visto. A historia é a procura do bisavó de Carlos Núñez no Brasil, onde emigrou e supostamente foi asasinado por unha cuestión de música (el mesmo era intérprete de bombardino na banda de música da súa vila natal aquí en Galicia). O documental investiga as conexións musicais entre Galicia, Brasil e Irlanda, e é unha sorpresa continua, narrada con axilidade, emoción e capacidade de suspense, cun coidado de guión como poucas veces se ve en Galicia, onde -parece mentira- o noso audiovisual coida tan pouco as historias.
Non sae á venda ata xuño pero xa vos aviso que é unha auténtica marabilla. Aquí podedes ver un avance (que non lle fai xustiza, ao meu ver).

Bom dia.
Pessoalmente eu gostei bastante do “Alvorada do Brasil” do Carlos, e da investigaçom biográfica, musical, histórica e antropológica de que vai acompanhado o disco. Por isso tenho gana de ver o documental e de pôr-lhes imagens a essas músicas que com tanta facilidade conectam o Nordeste brasileiro, as danças bretoas ou o irlandesas e as velhas tradiçons galaico-portuguesas.
Espero que o Congresso vaia correndo bem. Um saúdo!
Hola Manuel,
Hacía tiempo que daba vueltas al tema y tu artículo me ha hecho escribir lo siguiente http://buenosalimentosdeespana.blogspot.com/2011/04/respeto-escuchar-ayudarfrente-rendir.html
Esperemos entre todos mejorar
Un abrazo desde Barcelona
Estimado Manolo,
Com efeito, Brasil somos nós.
A nossa língua é internacional e temos de aproveitar-nos disso. As empresas tecnológicas galegas estamos no caminho de o fazer.
Seria fantástico que cada um desde o seu campo, ponha em marcha um processo de relacionamento com uma das variedades linguísticas do galego (conhecido internacionalmente como português) mais próximas oralmente à nossa, o português do Brasil.
Gostei muito do documentário do Carlos Nunes. Foi músico para lá e voltou músico tendo uma visão larga e internacional da nossa língua.
Parabéns polo post!
A orixe do nome Brasil é céltico, eso xa está comprobado, xa existían plantas brasiles noutras partes de Asia, e parece un nome un poco indefinido como para designar unha terra. No mapa de Toscanelli a illa de Brasil aparece en frente de Irlanda, vinculado polo tanto ó imaxinario celta. Brazil ou Bresil, ven do deus Bre, deus que domina o Atlántico, o deus das borrascas atlánticas, co seu altar en Donón, o deus BeroBreo. Tanto Bretaña como as illas Británicas serían as terras atlánticas do deus Bre. E navegando “sail”, a través dos dominios do deus Bre chegamos a Bresil. Logo Bresil significaría as terras que atopamos navegando “sail” cara o interior do atlántico.
Segundo conta Carlos na informaçom que acompanha o disco, ainda nas cartas de navegaçom britânicas do século XIX aparecia a ilha de Breasil. Parece umha “cunqueirada”, mais nom o é! :)
No fundo estamos ante um dos temas célticos por antonomásia como som as ilhas dos Benaventurados, situadas no ocidente, além da novena onda e das quais procedem os santos que chegam às costas atlánticas nas suas barcas de pedra). O tema é conhecido na Galiza medieval, por meio de figuras lendárias como Sam Trezenzónio ou Sam Amaro, que tenhem uns paralelos claríssimos no irlandês Sam Brandám e noutros santos irlandeses e bretons. Um bom paralelo de Ynis Breasail é a ilha de Sam Borondón, nas Canárias, deformaçom bem clara dum anterior “San Brandán” e que, como Ynis Breasail, também aparecia e desaparecia ao seu antolho.
eu lin o relato de San Brandán, e aínda que a historia intentouno ridiculizar dicindo que o único que atopou no atlántico foi o lombo dunha balea. Eu podo asegurar que San Brandán visitou as costas de América. Afirma que viu ovellas grandes coma vacas (llamas andinas) e descrebe con todo luxo de detalles unha paxareira tropical. Esas árbores tropicais abarrotadas de paxaros brancos cos seus niños. San Brandán tamén visitou Brasil.
Pois eu teño as miñas dúbidas, tendo en conta que a propia historicidade da vida San Brandán (polo menos tal como nos chegou a través de tradición cristiá) é causa de debate. Parece tratarse dunha cristianización dunha lenda pagá. É algo bastante estendido. Por exemplo, a prolífica lista de santos bretóns está chea de “sospeitosos”. Voltando a San Brandán, xa no século XX, o papa Pablo VI o quitou do santoral oficial católico.
Conste que non é algo privativo dos santos celtas. A igrexa católica honra a moitas figuras (San Xurxo, San Valentín…) cuxas biografías teñen tanto de fantasioso que directamente se dubida da súa existencia real.
Se fose América, resultaría estrano falar das aves e non dos habitantes (espidos, de pel máis escura…); sería estrano falar das llamas e nin unha soa referencia ás civilizacións andinas.
A illa das ovellas algúns queren ubicala nalgún dos arquipélagos do mar do Norte.
Por certo, Manuel ¿podemos contar con que se publiquen as actas do Congreso? As do lonxano 1997 “Os celtas da Europa Atlántica”, xa son un clásico. Máis as do seguinte non se chegaron a publicar. E o Congreso que se celebrou fai poucos anos en Ortigueira (cunha estrutura moi semellante a este), que eu saiba, tampouco…
Eu também duvido da historicidade estrita destes santos, ou polo menos de muitos santos. No caso de Sam Brandám, como diz Luis, é provável que se trate da cristianizaçom de umha lenda da Irlanda pagá referida a um príncipe chamado Bran e que também levou a cabo umha navegaçom fabulosa às ilhas do Além (e quando regressou à Irlanda já nom pudo pôr pé em terra, pois aqueles dos seus companheiros que o figérom transformárom-se em cinsa ao instante…). E de seguro que em Sam Brandám ainda há influência doutros textos dessa mesma procedência e cronologia, como o “imramm” da viagem de Mael Duin. Os poucos aspeitos históricos que podia ter Sam Brandám (se é que chegou a havê-los) deverom ficar mui diluídos umha vez que a lenda atingiu tam grande vitalidade que foi, sem dúvida nengumha, das máis populares e conhecidas de toda a Europa medieval. E eu opino que é melhor que assim fosse. Caso contrário corremos o risco de andar perdendo o tempo à procura do “substrato histórico” de lendas que tenhem precisamente o seu verdadeiro poder na sua condiçom de “mito”. Todo isto lembra-me algum que outro programa capitaneado por dom Iker Jiménez. Horas e horas tratando de esclarecer cousas como que era realmente a estrela de Belém ou desde onde chegárom realmente os Reis Magos a Belém… Quando nom se distingue entre “relato histórico” e “relato mítico” passam estas cousas.
Saúdos!
Eu estou na liña Ulmo. Posiblemente o que esteamos ver nas lendas de San Brandán é un trasfondo real, o feito misioneiro destes primeiros santos cristiáns de Irlanda, e a misión en Irlanda significa, necesariamente, a navegación. Sospeito que de San Brandán o importante é o relato en si mesmo.
Luis, pois non sei se se publicarán as actas, teraslle que preguntar aos organizadores. Agardo que cando menos unhas electrónicas teñamos…:-)
Bueno, bueno, que inxenuos sodes, sen ofender, pódovos dicir que a illa de Brasil xa foi descuberta polos africanos no Paleolítico, 60.000 a.C. Os restos humáns máis antigos do continente americano atopánse no estado do Piaui(Brasil), no noreste de Brasil e corresponden a esa data. Tamén é de supoñer que durante a expansión neolítica tamén se cruzara o Atlántico. E a partir de entón todo é un continuo.
Fillo de Breo:
Poderías indicar os xacementos ou estacións ás que te refires?
No Piaui, polo que sei, hai mais de 1200 lugares de interese arqueolóxico, non todos investigados ou prospectados polo dagora.
No mais famoso, toca do boqueirao, no complexo da pena furada no parque da serra da capivara, hai datacións 14C, de 48000 e 32000 BP ( Guidon N. 1986) pra cacharelas e líticos elementais.
Saudos
Concordo co que di o Gago tocantes ó documental do Carlos Núñez. Ben podería ficar pra unha antoloxía do xeito de contar unha historia audiovisual.
Acción, emoción, engrellada…
Hola Manuel,
soy Robert Bellsolà, el director, coguionista, editor y cámara del documental “Brasil somos nós”. O catalán infiltrado en el documentario!!!
Mil gracias por tus palabras recomendado nuestro film.
La verdad que como catalán que soy cuando Carlos me propuso el proyecto pensaba que era una locura y que Galicia y Brasil nada tenían que ver. Y claro, después de todo el proceso, he hecho un master intensísimo para llegar a entender todas esas evidentes conexiones. Un poco esa era la idea que hemos pretendido reflejar en el film.
Bueno, lo dicho, mil gracias. Apertas!!!!