
As mellores comidas tradicionais que teño xantado en Italia téñoas feito aquí, na Emilia Romagna: esta rexión italiana non só ten unha excelente despensa. A súa posición entre o norte e o sur deu lugar a unha cociña particular, na que o carácter mediterráneo atempéranse xa co que a min me parece unha certa contundencia norteña. En Boloña comimos estupendamente ben nun localiño que vos recomendo moito: a Trattoria La Montanara [051221583]. Está enfronte dun sitio de sona local por servir boas comidas tradicionais a uns 20 euros por cabeza (o cal en Boloña non está mal); nos iamos a el, pero estaba absolutamente petado e chegamos de rebote estoutro.
Aquí tomamos unha excelente selección de embutidos boloñeses, seguidos por polpettine con speciatta e polenta mantecata e dunha riquísima cotoletta alla bolognesa (unha milanesa empanada cun delicioso queixo por riba). Acompañados de auga, unha boa xerra de tinto das colli bolognesi, non chegamos aos 40 euros por todo. Absolutamente recomendable.

Eu unha das mellores Trattoria que tiven o pracer de desfrutar foi a Trattoria Mario en Firenze.
Sorprende que nada máis chegar a porta case non se ve polas pegatinas de recomendacións de revistas internacionais.
Olle esta foto que saquei na entrada da mesma: http://yfrog.com/h283nzpj. Cando menos curioso.