

A visión da montaña nunca cansa. Combina dous tempos, en si mesmos, e paradóxicos. En primeiro lugar, a certeza de que a montaña, polo feito de selo, tamén está sometida a un reloxio biolóxico que a transforma sen remedio, pero a unha escala que nunca acadaremos. Somos comos dous seres vivos condenados a vivir en planos distintos. Pero cando se observa a montaña, chega o segundo tipo de tempo. Aquel que vai máis rápido que nós. Aquel que transforma en segundos unha capa vexital, que fai que as cores dunha ladeira duren só un relampo, que provoca que a montaña sexa distinta cada día cando te espertas. Por iso a montaña nunca cansa.
E por iso me gustan as montañas de John Parminter. Montañas vellas, do Distrito dos Lagos inglés e das Highlands escocesas. Aquí está o seu sitio oficial. (vía)

Be First to Comment