A miña semana visual

Last updated on 9 / Marzo/ 2011

Adquirín o iPhone 4 hai pouco e aínda estou experimentando as posibilidades de storytelling que ofrece o dispositivo. Basicamente, estou encantado. Pero por agora, unha das aplicacións que máis me enche o ollo é Instagram. Algo ben sinxelo. Tirar unha foto (que ten como resultado final unha raquítica imaxe de 612 píxeles de ancho) e aplicarlle un filtro un tanto vintage. Todos os días, no Instagram, no Twitter e no Facebook, saco unha imaxe feita a unha hora ben cedo da mañá. É un xeito de educar o ollo e, sobre todo, a ollada, pero tamén de compartir, case de xeito discreto, unha pequena visión do mundo a diario, algo que nos separa do horizonte laboral que comeza. Aquí van os meus primeiros tiros.

One Comment

  1. 8 / Marzo/ 2011

    Excelentes lomografías!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *