Preocupación sobre a Lei Sinde

Estes son uns días moi activistas, sen dúbida. Hoxe Carme Villar publica no Faro de Vigo unha reportaxe de citas co parecer de Marcus Fernández, Víctor Salgado e máis eu sobre a Lei Sinde. Entresaco as miñas declaracións.

“Ineficaz”, “peligrosa” e “impopular”

Primero será la mano. ¿Y después? ¿El brazo? A los internautas gallegos les “preocupa” la Ley Sinde porque demuestra que los políticos no saben de qué va la red, porque no logrará el fin que persigue y porque lo más probable es que la industria intente presionar al Gobierno para que este dé otra vuelta de tuerca más y siga el ejemplo francés, que penaliza a los usuarios.
Manuel Gago, director de culturagalega.org y veterano bloguero autor de “Capítulo 0”, confiesa su “preocupación”. “No tanto por la efectividad de la ley, que creo que no lo será desde el punto de vista de control de la red, sino porque el estamento político sigue sin comprender la mecánica de internet, de considerar que puede bloquear algo que no puede bloquear, y menos con este tipo de medidas, resulta una decepción”, afirma. De hecho, teme que el Gobierno recurra a normativas, como la polémica ley Hadopi francesa, para perseguir a los usuarios.
Este profesor de la Universidade de Santiago cree que la industria, a pesar de que la red cuenta con una masa crítica de usuarios “fueron incapaces de crear un proyecto para comercializar los contenidos de forma rentable”. “El problema de la industria cultural no es la piratería, sino su falta de adaptación”, asegura. “Es como intentar construir un centro comercial en medio del desierto en lugar de ir a donde están los consumidores”, añade, para explicar que no se trata del gratis total, sino de ofrecer una vía de acceso fácil a los contenidos a un precio “que se ajuste a la realidad” porque los márgenes de beneficios, alega, no pueden ser los mismos cuando ya no es necesario el transporte para distribuir el producto. (…)

Dicir que coincido coas achegas tanto de Salgado, “á rede fáltanlle controis xudiciais”, e coas de Marcus, ao sinalar a presión das grandes industrias norteamericanas, posiblemente con tanto poder e influencia no goberno como as propias. Tamén estou convencido de que na vindeira lexislatura irase un paso máis adiante: o goberno vai ir directamente contra a acción do usuario. Este, señores, é de primeiro de política. É un primeiro paso pero o horizonte é outro. Mirade por exemplo un caso recente: a Lei antitabaco. Agora ben, non creo que neste Estado se poidan aplicar as fórmulas doutros países como Francia: o custe político aquí é moito maior que en Francia.

Aquí se pode ler completo.

4 Comments

  1. francisco
    27 / Xaneiro/ 2011

    comparto esas opinions de victor salgado, marcus fernandez e a tua, tal vez un relevo xeneracional na SGAE aportaria outra vision das cousas, pero parece que hai moitos artistas veteranos ou ex-artistas que montaron un autentico lobby e pode que esten recollendo froito do seu apoio politico, cando falta a imaxinacion se intenta vivir de rendas.

  2. danielo
    27 / Xaneiro/ 2011

    E por que dis que o custe político é moito maior aquí que en Francia se aquí deixamos aos políticos e banqueiros facer e desfacer á vontade?

  3. 27 / Xaneiro/ 2011

    Para comezar a dimisión dun Presidente da Academia. Dígoche que iso sentou no Ministerio como unha patada nos mesmísimos. E segundo, o desgaste que están tendo e a imaxe que dan próxima ás industrias. Un dos puntos fortes de votantes do PSOE son xente nova que está alucinando coa posición tan manifestamente prolobby do goberno. Asegúroche que no PSOE están moi preocupados.

  4. danielo
    28 / Xaneiro/ 2011

    si, totalmente dacordo en que lles DEBERÍA pasar factura… pero non sei; que oes nas aulas?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *