Galicia, a terra que abraza o mar: impresionante traballo de Guillermo González

Se teñen dez minutos, empréguennos para soñar, para disfrutar e para abraiarse. Grazas a Turismo de Pontevedra descubrín esta elegantísima publicación online: Galicia, la tierra que abraza el mar. É a colección fotográfica de xentes, texturas, líquidos, vexetación que conforman esa xoia que é o Océano na súa interacción connosco. Detrás deste libro hai traballo, paciencia, dedicación, gusto e amor polo espazo fotografiado. Un luxo en liña, así de claro, que lle debemos agradecer a este fotógrafo deportista. Aquí podedes ver a publicación enteira.

6 Comments

  1. Pancho-lapatianco
    26 / Xaneiro/ 2011

    Fermosas, impresionantes, e con algúns encadres e vistas atípicas.

    E para os maniáticos da paisaxe e o territorio, quedeime con dúas das primeiras páxinas (pax. 24 e 25), nas que saen os restos “arqueolóxicos” de outras tantas cetareas, das que xa quedan poucas, e que ata hai un par de décadas ou menos, ainda traballaban moitas.

    Sobre todo pola fermosura da integración na paisaxe, e o moito que daban nalgunhas épocas. Vamos, máis ou menos como as actuais piscifactorias como a de Cabo Vilano ou a próxima que van facer en Touriñán, que apenas se albiscan ó lonxe :).

    Saúdos.

  2. odiegho
    26 / Xaneiro/ 2011

    Fermosas olladas……. seguindo coas cetarias mencionadas por Pancho-lapatianco, recoméndo percorrer a nova “ruta das cetarias” nas proximidades da Guarda, unha loable iniciativa da “Cofraría de pescadores Sta Tecla” dotada cuns paneis interpretativos moi interesantes. Fotos en:
    http://ambientarte-blog.blogspot.com/2010_11_01_archive.html

    Saúdos.

  3. carlos
    27 / Xaneiro/ 2011

    Para abraiarse si que é o de que a torre de San Sadurniño ven sendo a Lanzada,en fin vaia pais……

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *