Place Hacking: a investigación persoal de Bradley L. Garrett

Confésovos que admiro a este rapaz: Bradley L. Garret. Arqueólogo de vida errante, documentalista en vídeo en cernes, a súa tese de doutoramento vai sobre Place Hacking: tales of urban exploration. Basicamente, reinterpreta as cidades a partir dos seus espazos abandonados, e faino cun talento e unha sensibilidade impresionantes: túneles, galerías, fábricas, edificios abandonados que cobran un novo sentido da man destes exploradores urbanos. A súa web é para perderse, e o seu repaso do que fixeron no 2010 tamén. (vía)

2 Comentarios

  1. Xabier
    19 / Xaneiro/ 2011

    Pobre Sole, xa a vexo subindo as azoteas e baixando por edificios e túneles abandonados…oh wait!

  2. 19 / Xaneiro/ 2011

    hahahah! Certamente, no noso caso, máis ben carrizo e granito, máis que asfalto e granito.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *