



O fotógrafo Filip Dujardin elabora a serie Fictions mesturando, cun gran dominio do Photoshop, diferentes arquitecturas reais para crear edificios imposibles. Aquí tes a serie completa. (vía).




O fotógrafo Filip Dujardin elabora a serie Fictions mesturando, cun gran dominio do Photoshop, diferentes arquitecturas reais para crear edificios imposibles. Aquí tes a serie completa. (vía).
Isto recórdame unha serie de posts xeniais da páxina “Vicisitud y sordidez”, eis o link á primeira parte:
http://vicisitudysordidez.blogspot.com/2009/11/satan-es-mi-senor-parte-i-tu-vida-va.html
Home. Tampouco che son tan imposibles. Con coller un vehículo e andar unhas cantas horas polas estradas deste país xa chega para ver cousas parecidas. E a terceira foto, esa das “traseiras” tan estreitiñas de edificios pegados, se me dis que a sacou nalgunha vila galega, principalmente mariñeira, non o dubidaría moito.
Aquelo de que a realidade supera a ficción case sempre é verdade.
A min a primeira foto recordoume ó edificio Walden de Bofill, en San Justo, Bcn, precisamente unha foto sae na páxina que menciona Norte.
Tamén estou deacordo con Pancho en que non son tan imposibles, aquí en Galicia temos moitísimos exemplos de construccións que van nesa liña, e sen Phoyoshop nen nada.
Señores, sinto discrepar. Faltan os tres elementos máis recoñecibles do collage cultural galego: a uralita, a bañeira e o somier. :-)