Última actualización o 28 / Novembro/ 2010
Acaba de facerse pública a relación de estrelas Michelín 2011 (pode consultarse en Gastroeconomía). O plantel de restaurantes de tres estrelas a nivel Estado español mantense igual, e aparecen algúns novos dous estrelas (Ramón Freixa Madrid, Calima, Azurmendi e Miramar). O abraiante é na mirada local. Comunidades como Castela e León perden mesmo tres restaurantes con estrela MIchelín, pero claramente o País Vasco consolídase como a auténtica potencia gastronómica do Estado, segundo a guía vermella. Ese debeu ser o motivo de realizar o evento deste ano en San Sebastián, sospeito. O mundo da gastronomía vai por vagas,
O caso galego
O caso galego é un pequeno terremoto; non sei se foi casualidade, ou a coincidencia entre o número de estrelas que perde Galicia e as que gaña é similar. En Galicia dous establecementos emblemáticos en dous estilos moi diferentes, Casa Pardo na Coruña e Casa Marcelo en Compostela perden a súa estrella Michelín. A capital de Galicia queda sen ningunha estrela Michelín na súa área inmediata -despois de perder previamente a de Toñi Vicente-, e este é un dato relevante e que ten o seu impacto no turismo de alta gama local.
Pola súa banda, hai dous novos participantes desta constelación estrelada: o restaurante Alborada da Coruña, comandado por Luis Veira, ve recompensado un concepto de restauración de gran nivel na cidade da Coruña. Teño comido dúas veces aló, unha con unha parella de amigos e outra nunha Xantanza de Blogastrónomos (aquí podes ver unha crónica sobre o Alborada), e nos dous casos un gran nivel dunha cociña moi centrada no produto do mar. O outro é o Maruja Limón, o restaurante dirixido en cociña por Rafa Centeno en Vigo a partir da súa evolución autodidacta, cunha cociña de estilo contemporáneo que aproveita tamén a despensa mariña viguesa, como Centeno ten manifestado.
Négome a interpretar os criterios da Michelín; a guía non explica publicamente as súas decisións e non vou ser eu o que me dedique a elucubrar sobre elas, así que non sei por que dúas casas emblemáticas deste país perden a súa estrela. Nunca fun a Casa Pardo a comer, pero a Casa Marcelo vou algunhas veces ao ano e o nivel gastronómico do local este ano ten sido igual de bo que en anteriores: na medida dos recursos cos que poden nesa pequena casa, a innovación e a creatividade é unha constante e o restaurante, e dígoo sen ningún tipo de chauvinismo, continúa sendo do mellor que hai en todo o Estado, un miragre se comparamos o volume de negocio e persoal desa casiña de Hortas con outros restaurantes con máis estrelas nos que temos comido por aí. Veña, home.
¿Debera a Guía Michelín facer públicos os seus criterios? Sen dúbida. Eu non adoito criticar ás guías: as boas, habitualmente fanme moi bo servicio cando vou de viaxe. Pero no ano 2011, este tipo de guías seguen a ter consecuencias económicas positivas e negativas para este pequeno sector da alta hostelería e para rexións enteiras a nivel turístico, como Castela e León, que perde tres dos seus catro restaurantes estrelados. E ollo, non digo que a guía en si mesma motive que moita xente vaia a comer e a facer turismo: non sei canto funcionan nese sentido. Pero o que é innegable é que exercen como canon, que orientan e reorientan a circulación de diñeiro no sector (os patrocinios, as publicidades, a atención dos políticos, etc…) e que uns editores responsables da súa influencia deberan explicitar os seus criterios, igual que son explícitos e públicos os da Q de Calidade Turística.
E non é tan difícil. A Guía Gambero Rosso, que empreguei intensamente este verán en Italia, e que non nos fallou nunca, redacta claramente todas as razóns polas que cada un dos restaurantes que están nesa guía figuran alí, e por que con esa puntuación, e por que cando perden ou gañan. É unha guía con memoria; podes discutir ou non as razóns, pero sábelas.
Alguén poderáme dicir que todo o mundo participa do xogo. Por suposto, e ese é parte do problema. Pero o xogo será inevitable: igual que a lista Pellegrino dos mellores restaurantes do mundo é ridícula e puramente arbitraria, o certo é que organizan a industria. As listas serán necesarias, igual que as críticas literarias, no competitivo mercado do postcapitalismo. Non nos libraremos delas en moito tempo: pero alguén debera quitar de diante delas ese cristal opaco.
Estamos noutra época, e o mundo agora é distinto, mesmo para a Michelín. ¿Por que pensan que a guía non consegue callar nos Estados Unidos?

Unha pena como dis o de Marcelo. Tódalas veces que fun alí o xantar estaba bo e era orixinal. E a atención moi especial. Por certo, onde se pode ver a lista completa dos restaurantes en Internet?
E coma sempre, un pracer lerte.
Apertas.
Puxen unha ligazón no post pero repítoa aquí:
http://www.expansion.com/blogs/gastroeconomia/2010/11/25/michelin-reparte-21-estrellas-en-espana.html
Grazas, Christina!
Opino o mesmo no caso de Marcelo: ¡veña home!
eu diría… ó carrallo! :P
Non sei, a verdade é que todo esto da guía Michelín me parece un pouco trangallada. Parece que hai criterios pouco lóxicos á hora de adxudicar e quitar estrelas, e o feito de que os cociñeiros acepten encantados as estrelas condiciona que o criterio de Michelin teña repercusión clara na súa proxección e economía, deixando esto ligado a opinións seica un pouco arbitrarias por parte da guía vermella. En moito, penso que eles teñen parte de culpa, e que deberían revisar, ás veces, se compensa ter unha estrela ou é mellor non aceptala e traballar ó marxe das guís, cos inconvenientes e beneficios que esto supón.
Chámame a atención, sobremanera, inda que te direi que non me sorprende, o caso de Marcelo. Son cliente case dende o principio, e vin a súa evolución, e, dende logo, gastronómicamente falando é unha barbaridade retirarlle unha estrela. O nivel non só se mantén, senón que na miña opinión personal, subiu claramente, evolucionando a unha cociña máis libre e atrevida, e dende logo máis técnica, falando dende que conseguiu a estrela, inda que é certo que a rotación dos platos do menú (sen ter 100% de criterio, porque non vou a Santiago con tanta frecuencia) me parece que é menor que ó principio.
Se se valoran os criterios de menú único sen carta, ou escasos días de apertura, eso non variou, se antes era válido agora o ten que seguir sendo. E cabe salientar a mellora espectacular da carta de viños que tivo o restaurante dende a concesión da estrela, que era un punto débil.
E, finalmente, se se valoran outros criterios máis, digamos, “escuros”, pouco dí eso en favor da guía vermella, que se se adica á gastronomía debería xulgar con criterios puramente gastronómicos. Me gustaría saber se pasaron polo novo local de Toñi Vicente, que ten un nivel máis que sobrado para que o visiten os inspectores. Non digo que para unha estrela, que de momento o dubido, pero sí para unha visita. Sinceiramente, non creo que o fixeran :-(
En fin, que eso é o que hai. Penso que algúns cociñeiros deberían revisar as súas actitudes con respecto ás estrelas. Poden dar moito, económicamente falando, cando llas dan. ¿E merece a pena que parte do rendemento dun negocio dependa de criterios non controlables e, dende logo, pouco claros? A eles lles corresponde a resposta.
Unha aperta. Xa ves que case escribín un post jajaja :-D
admirado don m.gago.
¿sabe que hay un porcentaje alto de inspectores galegos,en la guia roja?.
A alguien en la Michelin se le ha ido la pinza. Casa Marcelo, nada más y nada menos jajajaja. Vamos, me descojono directamente.
Qué casualidad, este mismo año comiendo en Maruja Limón y hablando con Centeno sobre la importancia de tener una estrella, yo que ya iba un poco casado de vinos le espetaba: Si te dan la estrella, A LA MIERDA!!! Se la devueltes a esos de la Michelín que lo único que hacen es tratarnos mal.
Hoy más sereno que aquel día jaajajajaja, me mantengo en mi afirmación. A LA MIERDA!!!
Ehoraboa a Rafael Centeno e a Luis Vieira. De Marcelo xe dixeches todo conacerto na miña opinión.
Saudos.
Grazas polos comentarios!
Delokos, coincido plenamente contigo, e das no clavo cando dis:
“Penso que algúns cociñeiros deberían revisar as súas actitudes con respecto ás estrelas. Poden dar moito, económicamente falando, cando llas dan. ¿E merece a pena que parte do rendemento dun negocio dependa de criterios non controlables e, dende logo, pouco claros? A eles lles corresponde a resposta”.
Moitos cociñeiros con estrela Michelín téñenme falado de que o ‘efecto estrela’ directamente repercute en termos de facturación a penas uns meses, logo dilúese na actividade normal do restaurante. O seu rendemento está nos ingresos complementarios que podes obter no caso de levares unha estrela, tanto publicitarios como de asistencia a congresos ou eventos. O tremendo é que, efectivamente, se queres ter unha visibilidade exterior, o teu primeiro aval é a estrela, pero quero pensar que, desde logo, non é o único.
Vou poñer dous casos distintos:
Aqueles cociñeiros, sen embargo, que non dedican esforzos a andar de congresos, pois a verdade é que case lles dá igual. Un caso claro é o restaurante As Garzas, en Malpica. Un ano despois de recibir a súa estrela, o seu cociñeiro, Fernando Agrasar, vive case tan discretamente como antes. Estou convencido de que lle quitan a estrela, non vai perder nin un só cliente dos de sempre, nin as súas outras oportunidades.
Outro caso claro e totalmente contrario é Flavio Morganti. Outro ano máis, o Galileo -que é un dos mellores restaurantes de Galicia- continúa sen recibir a estrela Michelín. Pero Flavio, que é un home polifacético, si que ten unha intensa vida pública e profesional. Seguramente non ter estrela freoulle oportunidades nalgún caso. Pero, como el me ten bromeado en numerosas ocasións: “a min con Firestone non me vai nada mal” :-). Para empezar, ter tempo para inventar novos gastrogadgets que lle van a rendar no peto con independencia das opacas razóns dos inspectores Michelín.
Pódese vivir plenamente a nivel profesional sen a estrela; non hai que terlle medo a esa cuestión. E podes vivir tamén plenamente coa estrela sen valerte dela para nada. E evitas ter este medo absurdo sempre a final de ano.
De feito, incluso se podería facer unha boa técnica de marketing diso, de ser un cociñeiro sen querer estrela: ser totalmente dono da túa visibilidade pública. Penso no ben que lle vai a Alice Feiring, a escritora de viños, ao posicionarse publicamente como a máis acérrima inimiga teórica de Robert Parker. De certo non conseguiría a notoriedade europea que ten se non fora por ese posicionamento.
Ben pensado, voulle dicir á MIchelín que me retiren a miña. ;-)
Por certo, non podo resistirme a relatar unha anécdota moi reveladora sobre esta cuestión e sobre o propio carácter de Marcelo Tejedor. A noite anterior á gala da Michelín atopeime a Marcelo en San Sebastián. Xa cheiraba o que ía pasar ao día seguinte.
-¿Que andas a facer? -pregunteille.
-Preparando o día despois -contestoume. Estaba preocupado, pero xa miraba máis alá que todo o mundo antes que a noticia se producira.
Acto seguido comezoume a falar apaixonadamente de La Grande Bouffe: participara nunha homenaxe ao filme en San Sebastián Gastronomika. O que máis lle fascinaba era o caos excesivo do filme, que vira cando tiña 12 anos e o marcara desde aquela.
Por iso non teño ningunha dúbida de que Marcelo sairá adiante.
Este parágrafo deume que pensar:
“E non é tan difícil. A Guía Gambero Rosso, que empreguei intensamente este verán en Italia, e que non nos fallou nunca, redacta claramente todas as razóns polas que cada un dos restaurantes que están nesa guía figuran alí, e por que con esa puntuación, e por que cando perden ou gañan. É unha guía con memoria; podes discutir ou non as razóns, pero sábelas”
Yeah! é marketing!!
Podería facerse o mesmo neste curruncho do mundo? Un equipo de blogastrónomos, ou simplemente un grupo salvaxe de comelláns e desfrutadores, fan unha guía coas súas aventuras culinarias. Dende o desleixo á grella do Esparabel ao Ovo Kinder do Marcelo, dos sete pratos do Viveiró aos Yintonis na Costiña …
hahahah! Non che digo que fora mala idea. En certo xeito, xa existe a través dos blogs gastronómicos galegos…
Aparte de tus opiniones sobre gastronomía hay algo que me llama mucho la atención, ¿Qué es un “restaurante a nivel estado español”?, ¿Un restaurante al que sólo acuden miembros del gobierno, o uno creado por la administración, o acaso una casa de comidas pública dependiente del estado?. Supongo que no, creo que usas ese ridículo eufemismo porque te cuesta escribir la palabra España a secas, en cambio usas “Italia” sin ningún problema, ¿Es por alguna razón en especial?