Técnicas turísticas contra a insolación siciliana


O guía aproveita a sombra para dar conta da historia deste templo. Fotos: Sole

No Val dos Templos, en Agrigento (Sicilia), cunha calor de caeren os paxaros.

3 Comments

  1. PabloV
    23 / Novembro/ 2010

    Contra a tiranía de agosto, o que poida, recomendo mover a visita a Sicilia para estas datas. Valeiro de toristas coma nos e con bonanza climática que permite darte un baño nunha praia deserta a 29º centrígrados. Sicilia: destino turístico moi recomendable para 1 semana

  2. Carrmucha
    23 / Novembro/ 2010

    Si non cho digo revento: qué fotos! Pero (evidentemente ó mérito é do-a fotógrafo-a!) cómo acadades esas cores tan fortes? É a cámara? A película? Hai algún xeito de facer algo semellante cunha cámara dixital normal (7 megapixels)? Meu rei, se fixeses un post adicado a cómo acadar uns resultados máis ou menos aceptables sen precisar ter dúas carreiras agradeceríacho un mundo!!! Teño unha envexa que morro!!!!!!!!!!!!!!!! Axuda, D. Manuel!!!!!!!!! :)

  3. 23 / Novembro/ 2010

    Ola, Carmucha. Tería que contestarche Sole, que é a fotógrafa deste blog, pero vai andar toda a semana de viaxe e non creo que teña tempo de explicarcho.

    Moi brevemente: son fotos realizadas cunha Nikon D300s, unha reflex dixital profesional de Nikon cun sensor CMOS, que é un aspecto moi importante para o tema de cores. Sole combina diferentes obxectivos, en función da fotografía: grandes angulares (12mm), algunha focal fixa e outros obxectivos coma un 28-70 moi versátil, sempre Sigma ou Tamron. A Sole gústalle moi pouco tocar as fotos despois no editor de imaxes, así que tenta obter a fotografía que quere directamente no sitio, coa maior información posible, combinando as técnicas de control de luz, exposición, uso de ISO, etc.

    Velaquí tes unha ligazón á cámara:

    http://imaging.nikon.com/products/imaging/lineup/microsite/d300s/es/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *