Interesantísima esta aplicación oficial para iPad da Liga BBVA e o xeito no que, alén das típicas fichas de xogadores e campos de fútbol, integra os datos en diferido e ofrece un modo ‘complementario’ para usarse durante a retransmisión dos partidos en directo. Un gran modelo de converxencia entre soportes e contidos.
E, por certo, aquí está tamén a aplicación para o Washington Post, que será de balde a diferencia doutros medios. O protagonista do anuncio é o propio Bob Woodward, e o eixo divertido da promo son as diferencias xeneracionais.

Be First to Comment