Monet 2010: unha delicia en liña

Estou marabillado co web desta exposición: Monet 2010. Desde finais de setembro e ata o 24 de xaneiro, as Galeries Nationales en París expoñen unha gran retrospectiva sobre o pintor. O web é unha auténtica pasada. Hai que estar tranquilos e na casa para mergullarse nesta deliciosa interpretación da arte de Monet que esixe de ti máis que a interacción do rato. Non vos perdades a Viaxe. Para min esta vai ser unha das webs do 2010 a nivel mundial.

Postpost: Non puiden deixar de comparalo con outro produto cultural presentado hoxe, o Quixote interactivo da Biblioteca Nacional. ¿Cando ficharan en Cultura a alguén cunha visión un pouco máis moderna do asunto dixital?

(vía)

6 Comentarios

  1. 27 / Outubro/ 2010

    Houbo efecto pel de galiña? :)
    O do Quixote quen o fixo? Google nos seus inicios? E nesa cor gris eucalipto! Ai, as comparanzas, como amolan!

  2. 27 / Outubro/ 2010

    Houbo, houbo.

    O do Quixote é, sinxelamente, tremendo. O problema é que estou convencido de que aos responsables de Cultura e da Biblioteca lles debeu parecer espectacular.

  3. Ferriña
    31 / Outubro/ 2010

    Deliciosa viaxe… E moi didáctica. Estará a expo á altura da web?

  4. 31 / Outubro/ 2010

    Non sei Ferriña, pero gañas de dan de subir a París a comprobalo. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *