Old Fangs, unha marabillosa curtametraxe sobre pais e fillos

Se tedes once minutos libres e vos gustan as grandes historias, recoméndovos moitísimo esta curtametraxe de animación irlandesa, Old fangs, realizda por Adrien Merigeau e Alan Holly, que conta a historia dun raposo adolescente na procura do seu pai. Historia e arte gráfica é unha auténtica pasada, e non te deixa indiferente. Unha marabilla.

4 Comments

  1. 17 / Outubro/ 2010

    Malísimo, sen ritmo,cun argumento pobre e unha música patética, o único que se salva son os gráficos, cada fotogram podería asinal Mariscal. Prescindible.

  2. Omar
    17 / Outubro/ 2010

    Pois a min pareceume moi bo. E iso do ritmo…que se supón que é? e o do patetismo musical? Unha cousa é que unha música non che guste, outra que sexa mala ou patética. Eu son músico, e nunca calificaría a música desta curta de patética. Creo que é moi adecuada á historia, á estética elexida, e ao ritmo que o director lle quixo impoñer, para min do máis axeitado. Un entra nun certo ritmo ou non entra, dependendo de moitas cousas, pero se non entras non quere dicir que non exista ritmo. Evidentemente, Orso non entrou para nada. Pero diso a dicir que esta curta e malísima e que non ten ritmo. Creo que é dun certo atrevimento simplista. Eu considero que é unha curta moi recomendable. Gracias, Manuel!

  3. 17 / Outubro/ 2010

    Omar, ritmo significa un equilibrio narrativo entre o tempo e o contido, podería estenderme na explicación pero carecería de ritmo.
    Patético é triste, pero non unha tristura buscada senon involuntaria.
    A simplicidade é moi complexa.
    Finalmente “moi recomendable” é sinónimo de boísima, para o teu gusto, logo no atrevemento simplista é xusto no que coincidimos, bueno… tamén nas gracias a Manuel, non só por este post, en xeral pola brillantez do seu blogue.

  4. 17 / Outubro/ 2010

    Moitas grazas. A min a curta paréceme magnífica nos tres eixos: na ilustración, con esa representación do bosque, das personaxes, do pai…na música, que como ben di Omar, acompaña de forma sutil esta historia, e a historia…que é unha historia tan vella coma o mundo pero que cos outros dous elementos toma un ambiente intenso e máxico.

    Por certo, foi seleccionada oficialmente para Sundance, por certo, así que, con independencia de gustos, non creo que esté tecnicamente tan mal…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *