Banksy e Os Simpson: unha apertura escura e abraiante

Last updated on 12 / Outubro/ 2010

O graffiteiro Bansky realizou unha das míticas secuencias de entrada da serie The Simpsons, que se emitiu nos Estados Unidos estes días. O alucinante é o que acontece unha vez que os Simpson sentan no seu sofá a ver o inicio do seu propio show: Banksy critica duramente o propio sistema semi-esclavista de elaboración do merchandising dos Simpson en Corea do Sur. É mesmo perturbador. A propia major permitindo unha crítica tan brutal do seu sistema de elaboración?

Actualización: 20th Century Fox solicitou a Youtube a retirada do vídeo. Agora acabo de publicar unha copia de DailyMotion, que non sei cando durará. Grazas, chimpín!

12 Comments

  1. 11 / Outubro/ 2010

    Grazas! Acabo de publicar o novo. A ver canto dura!

  2. 12 / Outubro/ 2010

    Escura, turbia e amarga. Despois de vela unhas 15 veces aínda non sei como tomarmo. A iconografía é tan evidente que parece haber moito de autoparodia.

    Nun documental xa bastante antigo sobre animación occidental, Matt Groening contaba como un antigo profesor entrou feito unha furia no seu despacho tirándolle sobre a mesa decenas de artigos de merchandising de Bart Simpson gritándolle “Mira no que te convertiches, vendido!” Groening remataba cunha reflexión sobre que espazo lle queda ó arte underground unha vez que é canibalizado polo ‘mainstream’. ¿Como se pode seguir facendo crítica real do sistema cando tés éxito e acabas formando parte do propio sistema?

    Por exemplo, ¿Que pensa Banksy de que as súas obras protestas sexan adquiridas por ricos coleccionistas que non dubidan en trasladar os muros pintados pedra por pedra?

    Sexa como sexa, esta peza vaise converter nun mito. Dentro de 20 anos seguiremos falando dela como hoxe se fala do anuncio de Apple de 1984 :P

  3. moe
    12 / Outubro/ 2010

    Comentar que es Banksy no Bansky como muchos dices (lo pones una vez bien y otra mal). Respecto al tráiler me gusta, tiene un humor muy simpson (aunque cada vez son más gore y me gustan menos) pero si Banksy quiere mantener su leyenda debería alejarse de productos comerciales de cadenas ultraderechistas.

  4. Norte
    12 / Outubro/ 2010

    Penso que foi David Foster Wallace o que dicia que o Simpsons eran usados pola Fox para dalgún xeito desactivar as críticas á súa posición política. Se desde a propia cadea se permite unha crítica supostamente tan forte, entón non pode ser tan mala.

  5. Dae
    12 / Outubro/ 2010

    Ola, ignoro por que se fala do réxime de explotación semi-escravista de Corea do Sur, cando no vídeo é difícil identificar un só símbolo que refira a este país. A man de obra en peores condicións non está en Corea do Sur, un país cun nivel de desenrolo maior que calquera país da Europa occidental. A fábrica do mundo, o lugar onde seguramente se producen a maior parte dos artigos promocionais dos Simpson, é China.
    E o vídeo deberá ser unha crítica ás condicións nas que traballan aqueles que producen o merchandising ilegal, porque dubido moito que unha compañía coma Fox non esté sensibilizada, aínda que sexa de portas para fóra (como pasa en grandísimas corporacións, tipo McDonald’s ou Coca-Cola), coas políticas de responsabilidade social nos seus fornecedores de productos oficiais.
    O vídeo resultoume decepcionante, menos pola súa realización e máis polas interpretacións tan diversas que xenera.

  6. Dae
    12 / Outubro/ 2010

    Desculpade. Acabo de ver que o título do vídeo é “Les Simpson Générique Made in China”.

  7. 12 / Outubro/ 2010

    Alucino; de acordo en que é tan perturbador como extraño polo nivel de autocrítica.
    Un saudo.

  8. Nemigo
    12 / Outubro/ 2010

    a credibilidade de isa “crítica” é nula. É como se eu poño una cartel na miña porta falando mal de min

    Empregar o propio sistema contra el é un absurdo. Debe haber sistemas alternativos. Non ten senso protestar polos grandes almacéns facendo un

  9. 12 / Outubro/ 2010

    Hai que ler a Marvin Harris:
    Calquera tentativa de cambiar o mundo dende as superestruturas (ideoloxías, dito en xiria materialista) está condenado ao fracaso. O éxito de determinadas fórmulas de protesta, como pasou coa música dos anos 60, só son exitosas dende o intre que permiten vender discos ou un determinado estilo de roupa.
    Dígoo porque non se pode actuar contra o sistema dentro do sistema recurrindo simplemente á ideoloxía.

  10. 12 / Outubro/ 2010

    Para comprender estes procesos de integración da disidencia no mundo das marcas, segue a ser moi válido tamén o No logo de Naomi Klein: o argumento do libro é basicamente que a industria das marcas actuais valora a “disidencia” como unha opción comercializable, unha liña de produto que vai destinada a un público específico pero que mesmo axuda a renovar marcas cun certo tempo (coma os Simpson).

    Non debemos analizar a Fox só desde o punto de vista ideolóxico, e aos Simpson como o “lavado de cara”. Pola miña experiencia, teño a percepción que a ideoloxía vai detrás do mercado, e Fox posiciónase así (en esquerdas e dereitas) esencialmente para tomar unhas posicións ou outras no mercado audiovisual. Logo veñen o resto das cousas.

    É terrible. E perverso, claro. Pero dramaticamente sinxelo.

    ¿Debería telo feito Bansky? Non o sei. Pero de repente o tema está circulando por aí. E non só os propios Simpsons, senón a idea de que a riqueza duns substéntase na semiescravitude doutros. Tampouco é un mal resultado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *