O mercado de Siracusa


Fotos: Sole

Se clickas no interior do post entenderás por que Sicilia foi unha terra tan cobizada por tantos invasores e unha mestura de tantas culturas (como se aprecia nesta foto, ademáis).

Camiñar é a alegría. Estas rúas calurosas e estreitas de Siracusa son un apetitoso arco iris. E mentres te dan na man anacos de sandía, mazás, figos, melocotóns, queixo ricotta ao forno, afumados. Mentres escoitas torrar as berenxenas, beber un bianco, encorvarse os peixes coa calor, os cornos dos peixes espada que te apuntan, ou os peixes sable, ou os salmonetes. Mentres paseas polo mercado de Siracusa sintes canto hai de vizoso e fermoso en Sicilia.

Non o veredes en moitas guías, pero se andades por Siracusa perdédevos nestas rúas.

Outra visión do paseo polo mercado de Siracusa en La Caja de los Hilos.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *