Last updated on 27 / Setembro/ 2010

Fotos: Sole
Hoxe Taormina [localización] é unha coidada vila turística: as masas de visitantes penetraron tanto na alma da cidade que boa parte dela adquiriu ese cariz, un tanto artificial, a museo irreal, a vila histórica europea modelo. Pero é profundamente fermosa. No alto, rodeada de froitais, sobre un incrible mar azul, Sicilia aquí é un lugar fermoso no medio da beleza.


O máis fermoso de Taormina é o teatro. Ese teatro de orixe grega que ten -hoxendía- ao volcán Etna de fondo, pero que parece flotar e voar sobre o mar. Paseamos por Taormina como por unha desas cidades que aparecen nas novelas de fantasía ou ciencia-ficción, que pendurasen do espazo sen explicación física aparente.




Pero haina, claro. O sistema de terrapléns que permite asentar as casas. Douvos un consello se ide aló: facede por baixar do corso Vitor Emmanuele II e descubride a Naumaquia, o gran aterrazamento romano que permitiu que a vila gañase algo en espazo, e no que se entrenaban os habitantes da cidade romana. Hoxe é un pequeno e discreto xardín rodeado dos arcos romanos.
Taormina é un souvenir en si mesma. Un delicado souvenir, cheo de referencias culturais a Sicilia: había pezas para o turismo de masas, pero o que me interesou é o gran número de traballos cerámicos de calidade, de ourivería e alfarería con gusto, con cousas belas para todos os petos. É ese mínimo común múltiplo do imaxinario tratado con elegancia. Non puiden evitar comparalo coa quincallada barata e monocutre que se ofrece, nestes momentos, na zona vella de Compostela, unha parodia ridícula dun sistema de bos souvernirs turísticos.
O sol pégame nas costas, en Taormina. Esta será a cidade máis turística das moitas que visitaremos en Sicilia. Pero síntome cómodo aquí, flotando sobre o mar azul.

Cando estiven por ahí na lúa de mel, recordo as tendas de froitas de mazapáns, era incrible o detalle das mandarinas abertas con pel e todo! e a rúa onde vivira un dos máis coñecidos camorristas, non recordo o nome.
A habilidade de facer réplicas exactas de froitas a partir de mazapán é proverbial. Por todo o centro de Taormina hai pastelerías nas que se poden atopar estas marabillas artesanas, si.
A nos contáronnola historia de que a tradición ven da visita de un rei, creo recordar que español, que sabendo da súa afección pola froita e ca carencia das mesmas no momento da visita, inventaron as réplicas para así tratar de gañar o seu favor.
O nivel de vida creceu e permítenos visitar en masa esos sitios tan seductores. Pero a cantidade de persoas restan fermosura os sitios e impiden disfrutálos ca calma requerida. E despois está a manía de mercar en todos os sitios roubandolle tempo para ver os mellores sitios.
Eso sí, conservo un bonito mantel feito a man. (Feito a man ca máquina, nos dixo o Cicerone)
Ay, Taormina. Impresionante o Etna o fondo, sí.