The Wilderness Downtown, o espectacular vídeo interactivo de Arcade Fire

Xa saiu en moitos sitios, pero non me podo resistir -agora que Compostela se rendiu aos pés do grupo- a publicar para o arquivo de casos The Wilderness Downtow, o videoclip interactivo de Chris Milk sobre a música de Arcade Fire. Creado para demostrar as virtudes de HTML5 en Google Chrome, o videoclip combina o vídeo cunha espectacular integración de Google Maps, que incluiría o teu lugar no que medraches dentro do videoclip (aínda que a maior parte de nós medramos en lugares dos que Google Maps non ten o nivel de detalle suficiente como para integralo no videoclip).

Aínda que esta solución tecnolóxica consume polo momento unha barbaridade de recursos do sistema, está claro que a competencia con Flash espabilará o desenvolvemento de ferramentas e recursos para a narrativa interactiva en HTML5. Haberá que facer pinitos con esta tecnoloxía, non?

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *