O instante líquido

A exposición do fotógrafo Ruben Cox se inaugura en Los Angeles e titúlase River Pictures. E a temática paréceme complexa: retratar instantes humanos, instantes de pracer que son, sobre todo, experiencias sensoriais íntegras, experiencias públicas e íntimas ao mesmo tempo. Non é doado representar na fotografía a calor húmida, a luz filtrada, a pel entre fría e quente. En River Pictures, Cox tenta recrear os momentos de preguiza, calor e mocidade ao carón dun dozón e húmido espazo do río, cando es adolescente. O seu tamén é un exercicio de memoria, remontándose á súa propia mocidade en Carolina do Norte. A min encántame. Aquí hai máis fotos.

One Comment

  1. 23 / Xullo/ 2010

    Marabilloso sabor adolescente e líquido. Parabéns polas fotos e pola descrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *