Last updated on 7 / Xullo/ 2010

Poderanos gustar máis ou menos, pero o redeseño da MSNBC é un indicador bastante claro das tendencias do web. Mentres o final da década do 2010 se centrou en xenerar páxinas vista e, xa que logo, superficie publicitaria, o novo deseño web para medios está invertindo os papeis e tendo unha influencia notable das aplicacións e dispositivos móbiles. Xa non se navega: está todo no mesmo sitio, e só se estás moi interesado a información se amplía.
O novo deseño da MSNBC creba completamente a noción de páxinas vista e mesmo a de navegación. Aquí podes ver un exemplo desenvolvido.


A zona superior inclúe un mini-index, existen referencias iconográficas para unha navegación horizontal e expandida e a estrutura é puramente modular, horizontal, incorporando a socialización e discusión do contido pero tamén ferramentas de visualización de datos antes reservadas aos experimentos artísticos e á alta infografía.
¿Será este o futuro dos medios? Cada noticia parece agora unha especie de mini-aplicación, unha porta de entrada a unha enorme base de datos interrelacionada que vincula a comunidade co arquivo de noticias e cos obxectos multimedia nun único punto e parecéndose máis a unha app do iPhone que ao que ata o momento entenderiamos como web.
Desde o meu punto de vista persoal, o novo deseño da MSNBC é algo desordeado a nivel visual, pero parte dun arriscado novo concepto de medio que profundiza naquelas tendencias que se adiantaban a principios da década pasada: os sitios sen páxina de inicio.

isto non sabía que xa rematara a década dos 10??? o que se acabou foi a primeira década!a dos 10 está por comezar: 10,11, sigo? Por outro lado, que raios é o MSNBC?? tanta sigla marea.
Mónica, a MSNBC:
http://en.wikipedia.org/wiki/MSNBC
ok gracias por ilustrarnos