O proxecto Underwater

O fotógrafo Mark Tipple quería explorar un novo mundo: “sempre estiven intrigado polo que acontece baixo a superficie, que ocorre onde non podemos ver”. Así nace Underwater, un fascinante proxecto fotográfico que nos amosa o mundo baixo a superficie, onde o ceo é un caos de burbullas. Paga a pena moito ver o vídeo. (vía)

One Comment

  1. Antón
    6 / Xullo/ 2010

    teño imaxes mentais de surfaris igual de espetaculares… e chegando o cardume de arroases na onda… ahhh!! A Lanzada… Baroña, Furnas, O Vilar…
    Do que xa non teño lembranza é de imaxes tan perto do fondo… hai que pecha-los ollos pola area en suspensión…
    Moi boas fotos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *