Last updated on 4 / Xullo/ 2010
Aos blogs de receitas hai que agradecerlles que en a penas poucos anos Internet se convertira na maior base global de coñecemento gastronómico e de recuperación de elaboracións da Historia. Para máis, son con moita distancia o xénero máis abundante de blogging gastronómico, e por algo será. Aí está, nos fogóns domésticos, na pura cociña do pracer íntimo e compartido ao mesmo tempo, a esencia desta paixón que é a gastronomía.
Era obvio que esta enormidade de referencias en Internet acabase por diversificarse e evolucionar; tamén que moita xente non estivera conforme coa linguaxe estandarizada e un tanto cutre dos recetarios e decidira ceibar na imaxinación. Nas últimas semanas atopeime con tres exemplos marabillosos de como se pode innovar nalgo aparentemente tan sinxelo, e construír pequenas marabillas visuais.
Le Monde e A boire et à manger

Guillaume Long publica este divertido blog en Le Monde, no que as receitas van en banda deseñada, co estilo tan persoal deste coñecido debuxante francés.
O Cooking Dinner Vol. 1 de William Hereford
Este elegante e delicioso proxecto audiovisual pensa outro xeito de presentar as receitas en vídeo. Claramente feito co sistema de gravación de vídeo dunha cámara reflex, o Cooking Dinner Vol. 1 é unha auténtica marabilla audiovisual que “a motion-piece which combines typeface typical to magazines with video shot & edited to feel like a still photograph.”
CartoonCooking, a ilustración divertida

Realizado por Alya Mark, Cartoon Cooking é un magnífico exemplo de recetario convertido en ilustración. Son trazos elegantes, divertidos e que encaixan de marabilla coa idea da cociña como lugar no que pasalo ben. Os debuxos parecen certificalo!

Be First to Comment