Padrón: chafalladas e manifestacións

Last updated on 9 / Xuño/ 2010

A semana pasada, o pleno do concello de Padrón mobilizou aos cidadáns para manifestarse para que os fondos da Fundación Camilo José Cela non marcharan do municipio cara a Cidade da Cultura. Non só é lícito que o concello organice manifestacións para protexer un patrimonio depositado no municipio, senón que ademáis me parece moi ben que iso motive unha reflexión e unha resposta cidadá en defensa da súa custodia.

Sen embargo, a manifestación cabreoume profundamente, porque era moi hipócrita. O concello de Padrón, que atesoura un enorme patrimonio histórico, durante décadas e décadas, independentemente da cor do alcalde, manifestou o maior desleixo posible polos bens patrimoniais do municipio. Castros, castelos, mámoas, depósitos romanos, barrios do XIX, cruceiros ou pazos, todo destrozado, a caer, machacado con autorización muncipal, cun casco vello que sonrosaba a quen o visitaba (aínda que alí a cousa mellorou algo). A situación en boa parte do seu patrimonio continúa exactamente co mesmo desleixo e desinterese. Para iso nin se manifestaron nin se manifestarán cidadáns nin alcaldes nin corporacións. Todo iso non estaba feito por un Nobel que saía nos telexornais.

Hai exemplos sangrantes, e vouvos amosar un que para min é un dos casos máis gráficos que temos en Galicia de chafallada na xestión do patrimonio:

No ano 2002, Jorge Guitián deume conta desta historia, que podes ler en detalle aquí, e durante moito tempo, cada vez que pasaba pola autoestrada AP9, miraba para a dereita, por ver se aquelo seguía alí. Despois desta manifestación hipócrita polo patrimonio padronés, aproveitei para probar a Lumix TZ10 directamente neste lugar e amosárvolo. Aquí tes a súa localización, por se te queres achegar e cabrearte un pouco.

E outra cousa: sei algo da intrahistoria desta canteira, das idas e das voltas. Hóuboas. E iso é o triste. Porque aínda que este caso estivo en papeis e rexistros, esta é a solución actual que ten…

18 Comments

  1. Xabier
    7 / Xuño/ 2010

    es-pec-ta-cu-lar. Tanto o que contas como tal e como o contas!

  2. xoma
    7 / Xuño/ 2010

    Impresionante. Grazas por mostrarme un aspecto dun lugar a carón do cal teño familia. Teño paseado deica a canteira e nunca me fixara nalgo tan interesante. Un traballo para a proxima viaxe.
    Por outra parte falar das cores dos alcaldes de Padrón… Non sei se antes do actual houbo algún outro cambio, nen de alcalde nen de cor política.

  3. ourizo
    7 / Xuño/ 2010

    Ola, quería consultarche con qué programa podes editar os vídeos gravados en Lumix, e cómo se suben a vimeo.

    Quixen fai tempo pasar a dvd uns vídeos e a calidade era penosa.

    Apertas,
    Cástor

    Podes escribirme polo email -non atopei o teu para contactar privadamente-.

  4. rosiña
    7 / Xuño/ 2010

    Tremendo. En Galicia hai tantas chafalladas désas e tanta despreocupación que non me espanta nada o que estás contando.
    Se algunha vez paso tentarei lembrarme e mirar cara ése sitio.
    É indignante.
    Graciñas por contalo e compartilo!

  5. carlos
    7 / Xuño/ 2010

    Senhor de Milmanda….????

  6. Christina
    7 / Xuño/ 2010

    Impresionante, Manolo. Eu creo que che daba para un programa diario de televisión a cantidade de chafalladas que hai en Galicia, froito da ignorancia e do escaso sentido da estética…

  7. Moncho
    7 / Xuño/ 2010

    Manolo, descoñecía a existencia desa pedra, pero sérveme para explicarme outra cousa.

    Coméntoche: pola estrada que sobe dende a rotonda de Pazos (N-550)a Lampai, e desviándose por un camiño de terra, hai unha pedra moi similar a esa (algo máis pequena) que tamén está inscrita polas súas catro caras, creo recordar. Sempre pensei que se trataba dun miliario pero agora, comprándoa con esta, vexo que é outro marco dese couto.

    O Concello de Padrón, sen comentarios…! Parece mentira que un concello cun patrimonio cultural, paisaxístico, natural… como o que ten sufra de semellante abandono, falta de interese en pór as cousas en valor e de acondicionamento dos seus espacios máis interesantes.

    Podería ser un GRAN concello, e pouco máis é ca unha vila a carón dunha estrada que ten un mercadillo os domingos…

  8. Moncho
    7 / Xuño/ 2010

    Perdón… dixen “comprándoa” e quixen dicir “roubándoa”, digooo… “comparándoa”! :-D

  9. 7 / Xuño/ 2010

    Efectivamente como ben sabemos, animaladas como estas abundan por tódolos cornechos do noso país, un país que esta a perder o mellor do seu patrimonio, a súa cultura e a súa historia, pero como eso non da cartos……así nos vai.

  10. 7 / Xuño/ 2010

    Grazas a todos!

    Moncho, pode ser unha destas que detallamos nunha reportaxe no seu momento. A ver se as recoñeces:

    http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=513

    Coincido contigo, Moncho, en que Padrón é un desastre na xestión do patrimonio. As desfeitas do Castro Valente, con pistas forestais que atravesan e destrozan as murallas e unha explotación de eucaliptos que desfai todas as zonas de habitación, da Rocha Branca (o pazo de lecer dos arcebispos composteláns e posiblemente un dos primeiros castelos dun bispo en Galicia), cun chalé construído sobre a zona do xacigo, a destrución da mámoa do Castelo Redondo por outra pista forestal, ubicada de xeito excepcional ao carón dunha fortaleza altomedieval e nunha portela, seguindo un patrón pouco usual, o estado ruinoso de varios pazos, a ruina dos edificios anexos á Colexiata de Iria Flavia, e xa noutras épocas, a destrución do porto romano, pero iso hai moito tempo…

    Xabier, non de non dar cartos eu non o teño tan claro. Non hai máis que ver como incide no fluxo de visitantes os concellos que contan cunha eficaz xestión de patrimonio. A cuestión é que se manexan indicadores económicos máis alá do prezo do cemento, da leira ou do granito: demasiado complexos para a formación dos políticos.

  11. 7 / Xuño/ 2010

    Ourizo, depende da Lumix que sexa. A TZ7 ou a TZ10 gravan nun formato chamado AVCHD Lite. No caso do Mac, eu edito con iMovie 09, que acepta AVCHD Lite de xeito nativo. Por certo, que o iMovie 09 é unha auténtica marabilla.

    Se tes dúbidas, podes escribirme a magago@gmail.com. Grazas por avisar do do correo. Antes o tiña máis accesible e agora está dentro da parte de autor. Volvereino a publicar en portada.O correo téñoo na zona superior esquerda, no primeiro bloque.

  12. Xabres da Teixeira
    7 / Xuño/ 2010

    ¡Menos mal qe o Pedrón está ainda no seu lugar!.
    ¡A cultura que non da dividendos, ós nosos políticos non le interesa!
    ¡Espero que a partir de agora tampouco les interese o asunto da economía, pois, co camiño que levamos, imos ó fondo do pozo de cabeza!
    Perdón polo incórdio.

  13. 8 / Xuño/ 2010

    Coma sempre , Manolo, xenial. Os meus parabésn. Outra visita que facer no roteiro deste verán.

  14. 9 / Xuño/ 2010

    Triste, moi moi triste, unha magoa, como dixen no outro comentario…Sempre dixen que Padrón é feo por que queren…e isto non fai máis que demostralo. Saúdos e apertas

  15. Rocío
    7 / Outubro/ 2010

    Aiii, que familiar me resulta este sitio! O que non sei se sabes é que por un tempo a pedra desapareceu de alí! Pasou a formar parte da decoración do xardín dalgún pez gordo do lugar… ata que alguén con máis siso puxo o grito no ceo…
    O que máis mágoa dá é que, como xa estamos tan acostumados a este tipo de chafalladas, parece que xa nada nos indigna…

  16. 8 / Outubro/ 2010

    Algo me contaron, Rocío. O tema é tremendo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *