O produto local triunfa no certame de tapas de Ribadeo

Last updated on 1 / Xuño/ 2010

Nesta edición 2010 de Ribadeo de Tapeo o palmarés xa o conta todo por el mesmo: mellor tapa, a Sopa de verdina de Lourenzá en zamburiñas de La Solana, que é a que aparece nesta primeira foto. Mellor tapa tradicional, as fabas con callos do bar A Ribeira. Como tapa máis creativa, a tosta de queixo, confitura de tomate e pemento de O Cantón e dúas mencións especiais: polo esforzo de recuperación dunha receita tradicional ribadense, o pato ao estilo de Ribadeo da taberna El Cabás, e polo elegante deseño do prato, os ravioli de centolo do restaurante da Confraría de Rinlo.

Produto local, elaboración local e reivindicación do que é propio; nestes pratos, que coidan a súa presentación de xeito escrupuloso, demostran que apostando por elaboracións sinxelas, preocupadas pola calidade e vinculadas á cultura gastronómica local o éxito de xurados e públicos está garantido.

Tiven a honra de participar como xurado desta edición, e iso supuxo un maratoniano día enteiro entregado á arte de probar tapas dunha banda a outra do concello ribadense, con só dúas horas de descanso intermedias. Afortunadamente, o moi bo nivel xeral do tapeo en Ribadeo facilitou as cousas; as elaboracións eran máis ou menos lixeiras e ben cociñadas e as proporcións das tapas -todas a un euro- tiñan dimensións máis que razoables. 49 locais implicados no proxecto de ofrecer tapas especiais é un número magnífico (Santiago ten 60 locais no Santiago(é)Tapas, se ben na capital os establecementos adoitan ofrecer máis dunha tapa).

Aquí vai unha galería de fotos coas gañadoras e con outras tapas que probamos, para que poidades ver o nivel.


Mellor tapa tradicional: fabas con callos


Mellor tapa creativa: tosta de queixo, confitura de tomate e pemento


Ravioli de centolo


Pato ao estilo de Ribadeo

Outras tapas


Cuncha do peregrino


Raxo con pementos asados sobre tosta de pan de trigo


Carrilleiras ao brandy


Montado de verduras con bacallao


Milfollas de cocho


Millo verde

Fotos: Soledad Felloza

2 Comments

  1. Eu
    1 / Xuño/ 2010

    ¿Estivesteis en todos os locais? Sempre se di que os do concello fan unha preselección, pero non dicen cantos locais elixen.

  2. 1 / Xuño/ 2010

    Non, nos finalistas. Probar 49 tapas nun dia sería de superheroes. :-)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *