
Nada máis chegar a Rinlo [localización] pregunteillo a dous mariñeiros retirados, sentados nas míticas cadeiras de plástico contra os muros da confraría. “¿Onde queda o Cantal?”, interrogueilles. Eles sinalaron a boca do estreito porto de Rinlo. Así que aí era. Naquel lugar, os maiores do lugar ían acordar os seus asuntos diante dunha testemuña á que despois se recorría en caso de polémica: o mar. E o Cantal era o lugar onde o mar escoitaba os acordos e maldecía os trasacordos.
Este portiño ubicado no concello de Ribadeo, fermoso e único, foi porto baleeiro hai varios séculos; a súa canle de pizarra e esquisto debeu ser un bo lugar para despezar os grandes exemplares que ás veces cruzaban polo Cantábrico. Rinlo é tamén famoso por un plato: o arroz caldoso de marisco, que se prepara na Confraría de Pescadores. Non puiden probalo desta volta, pero non ha tardar. Aínda que estabamos probando unha tapa no exterior, furtivamente me metín no restaurante para coller unha tarxeta e espiar, de paso, o sonado prato. Tiña unha pintaza. E por 30 euros para dúas persoas -por certo- un prezo imbatible.
Foto: Sole Felloza

Pois realmente paga a pena comer o arroz caldoso na Confradía ;)
Eu fun dos privilexiados catadores dese arroz caldoso . Por certo hai pouco a asociación Mariña Patrimonio, que sen dúbida coñeces, organizou nesta vila
creo que fixen algo mal coas ligazóns :(
Non te preocupes, Roi, ti publica directamente a ligazón e xa automaticamente se activa.
Nada, seguro que xa o viches, comentaroche hai tempo a idea de que ian facer unha rota de cetáreas, e finalmente puido facelo Mariña Patrimonio, mágoa que non puiden acudir
http://mrpatrimonio.blogspot.com/2010/05/pagou-pena-ir-rinlo.html