Justin Nozuka: música dun compañeiro de viaxe

O novo disco de Justin Nozuka, un cantante de enorme talento e sensibilidade de pai xaponés e nai norteamericana, titúlase You I Wind Land and Sea. Todo un exercicio persoal e intimista dun pop que está bañado en sentimentos e en forza vital. Sería esa música que levarías prendida no coche cando fixeras unha longa viaxe en solitario, para que te acompañara cando miraras o tendido eléctrico pasar. Unha gozada. Aquí podes escoitar o seu álbum en Spotify.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *