Last updated on 7 / Maio/ 2010
Atención ao toque. O todopoderoso crítico Robert Parker e Jay Miller -o seu catador para a Península Ibérica- presentaron a semana pasada a súa puntuación dos viños españois. E entre os grandes, algúns dos clásicos que Parker xa leva puntuado ao máximo nos últimos anos Pingus, Vega Sicilia, Benjamín Romeo, L’Ermita de Palacios, Numanthia…e algúns galegos. Algúns viños galegos…tintos.
Galicia mantén o maior número de varietais autóctonos da Península Ibérica. Ninguén sabe moi ben por que, pero o que está claro é que miragreiramente chegaron ata nós. Algúns viticultores, como José Luis Mateo ou Fernando Algueira creron nas súas potencialidades fronte ao escepticismo e prexuízos de moitos outros, dedicándolle tempo e esforzo a variedades consideradas complementarias nos coupages como o merenzao, o bastardo ou o brancellao das adegas Alan. Pois este ano a sorpresa foi o arrase destas variedades, que se colocaron no gusto de Parker e MIller dentro do exclusivísimo clube dos viños puntuados con 95 e máis puntos. O Lacima e Lalama 2007 de Dominio do Bibei, os albarellos, bastardos e mencías da Quinta da Muradella, de Monterrei, levada con tesón por José Luis Mateo…e ocorre o mesmo no resto da península. O tempranillo deixa de ser o bago monolítico e a lista dá cabida á diversidade varietal da península. Prietos picudos, sousón, garnacha, graciano… Os viños galegos elaborados con varietais minoritarios pero de gran potencial preséntanse, deste xeito, ao mercado internacional.
A cuestión é que, aparte destes tolos viticultores, están o resto das adegas galegas apostando por esa diversidade? Están preparadas para ela?
O mercado pide terroir e varietais que sorprendan. Pero se cadra teñamos demasiado monovarietal.

viño do pais para os yankis….
Borrouse un comentário. Faremos outro!
Decia que por desgracia a maioria dos Adegueiros apostan mais polo beneficio a curto plazo.
Por unha viña en producció leva moito tempo e non é rendible a curto.
¡Poucos apostan pola innovación e calidade, sobre todo en castes de tinto, ainda que cos brancos, fora de dúas ou tres castes pasa o mesmo:Albariño Treixadura, e desgraciadamente Xerez.
Un apunte: Se a memoria non me falla, as castes Merenzao, Brancellao e Bastardo é a mesma, incluso teño a sospeita de que a Albarella tamén.
Se alguén ten datos, seria bon que nolos contara.
Saúdos
Creo que merenzao é equivalente de bastardo, pero diferente de brancellao. De feito, merenzao e brancellao considéranse claramente diferenciados.
http://cat.inist.fr/?aModele=afficheN&cpsidt=18728586
Non sabía que Nick Cave se dedicaba a esto das catas;)
Perdón; pero non o puiden evitar.
Parécese un huevo! Pero tamén a un actor, non consigo agora sacarlle o nome…
Tes razón, a caste que queria decir que é o mesmo que Merenzao e Bastardo, coido que é Maria Ardoña.
O.T.: Hai comentarios por aí sobre isto? http://chuza.gl/historia/alvarinho-do-languedoc/
Estes dias ando tan liado que non me leo nin a min mesmo! XD
A ver se publico algo sobre o tema un día destes.
Coido cos adegueiros saben perfectamente que o futuro está na diferenciación, nos pagos e nas castes propias. Pero é necesario vivir pra poder plantar ou conservar esas castes polo que mentras poñen todo o seo amor no que teñen. Podo decir con toda seguridade que miman as castes que dicides, brancellao, merenzao, caiño branco e tinto,Souson, pero desafortunadamente son apenas un 10% de toda a uva. E unha laboura lenta, pero van por ese camiño.
Eladio Rodriguez, Alberto García de Adegas Valdavia, mesmamente Jose Luis Mateo mais seu socio Raúl, Francisco Javier Monsalve, Algueira,Adegas Virxen de Galir, son pequenas bodegas-colleiteiros que van por ese carrocucho. Curiosamente o gurú made in spain, Peñín, comentou fai pouco nunha charla patrocinada por Caixanova que o futuro dos viños galegos está nos tintos. E quedou tan fresco.
Caros, eu a clasificación varietal que manexo distingue perfectamente o brancellao ( albarello, brancelho ou alvarelhao ) do merenzao ( maría ordoña, bastardo, bastardinho ou trosseau )
Daquela todo esto me da a pensar se será posible que se recuperen as nosas castes en tanto cada vez gustan sabores máis homoxeneos e menos diferenciados. Tempranillo a tope vale, pero ¿como educar o padal de consumidores veteranos e outros que non o son tanto pero que teñen riojitis e riberitis?
¿Quen se vai a atrever a comercializar viños con outras castes? Supoño que non é doado, pero me parece o futuro, ainda que con bastantes sinsabores polo medio.