Unha auténtica marabilla, un ensaio visual magnífico ao redor do concepto da vida que nace. É do realizador xaponés Daihei Shibata con música de Debussy. Dedícalle os cinco minutos que merece. (vía)
Unha auténtica marabilla, un ensaio visual magnífico ao redor do concepto da vida que nace. É do realizador xaponés Daihei Shibata con música de Debussy. Dedícalle os cinco minutos que merece. (vía)
Estache ben, si. En certos momentos recorda o belísimo “Claro de Lúa” do mítico filme “Fantasía” de Disney, dos anos 40. Aínda que, para interpretación do tema de Debussy, non menos mítica é a versión do tamén xaponés Isao Tomita, dos 70.
Debussy é máxico. Despois de ver a curta eu xa quedei enganchado a el. Estou escoitando boa parte da súa obra estes días. Bendito Spotify!
Si, é unha auténtica marabilla. Á parte da “Suite Bergamasque” á que pertence o “Clair de Lune”, recoméndoche as arabescas -“Deux Arabesques”-, coa tamén mítica versión de Tomita que servía de sintonía a “El Planeta Imaginario”, a suite de “La Mer” -“O baile das ondas”, unha gozada-, o “Preludio á siesta dun fauno” ou “A catedral somerxida”. Para poñérselle a un a pel de galiña. De feito, é o compositor que máis me tira anterior ao século XX.
xa imaxinaba que a poesía que danzaba sobre a pel teria unha correspondencia fermosa no seo do corpo, eu tamén son moi adicto aos comerciais nipóns que as veces teñen unha estética preciosa (non só os hai estridentes)