O camiño da Loureira, unha historia de amor

Emocionoume moito esta sinxelísima historia de amor, real, sucedida en Boiro, enfiada nas arterias do mundo tradicional galego: as congostras e corredoiras, dirixida por Toño Chouza. Está visualmente contada cunha enorme delicadeza. Pero nas contidas palabras dos seus protagonistas ferve toda a emoción dos seres humanos. Imprescindible. (vía)

11 Comments

  1. 23 / Outubro/ 2009

    Fermosísimo relato!! historia moi ben montada e diseñada, unha pequena perla. Dame a impresión que recoñezo ese camiño.. ou algúns dos tramos que poñen, non será o que leva dende Mosquete (alí non é exactamente Mosquete penso, hai outras casas que estan mais cerca) ata a pista que sube para Vitres?? se non te desvias acabas naquela ponte do rio de Vitres… non??

  2. Moncho
    23 / Outubro/ 2009

    Fermosísima. A traducción literal ó castelán non ten desperdicio: “De aquella”; “más agua”… :-D
    Para min que o camiño é na zona entre o Chazo e Triñáns…

  3. 23 / Outubro/ 2009

    Foi a curta máis galardoada no festival de Curtas na Rede do ano pasado. É sinxelamente xenial.

  4. Xabrés da teixeira
    23 / Outubro/ 2009

    ¡Fermoso!
    ¡ Ainda hai crápulas que menosprecian os nosos vellos aldeans!
    A tenrura e ó mesmo tempo picardía que se albisca, non ten desperdicio.
    Apertas

  5. carlos
    23 / Outubro/ 2009

    moncho vaia ollo que tes!!!!!!!!

  6. 23 / Outubro/ 2009

    Si, estou con Moncho en que o camiño da loureira debe andar por aí.

  7. Moncho
    23 / Outubro/ 2009

    Non estou de todo certo, pero sóname que esas caixas de camión do comezo están preto da rampa de Ancados… aínda que esa posta de sol na boca da ría despístame: de frente debería estar O Chazo.

    Xabrés, tes toda a razón: o que máis me reventa son algúns deses crápulas cos que teño topado que incluso se atreven a criticar o galego que os nosos vellos falan. “Castrapeiros”, téñolles escoitado chamarlles… cando é esta xente, precisamente, a que máis leva feito -sen sabelo nin facer propaganda- por manter viva a nosa lingua.
    En fin…

  8. 23 / Outubro/ 2009

    Pois eu aposto polo camiño vello desde O Saltiño cara Abanqueiro por tras da Pedra da Bouza. E as imaxes do comezo concordo en que parecen da zona do Chazo.

  9. 24 / Outubro/ 2009

    Ademais da historia de amor, que polo menos algún de nós coñece case idéntica, está o amor pola paisaxe. Por eses camiños que están desaparecendo baixo o asfalto. Por esas congostras nas que xa non canta ningún carro tirado por animais. O da curta está en Triñáns (o protagonista, D.E.P., fala de Triñáns e Chancelas) pero nós aínda vemos camiños parecidos na baixada ao castro de Baroña e á praia de Area Longa, ou en moitas aldeíñas do val do Coroño. Algunhas destas corredoiras cubertas con viñas -hai topónimos ben significativos, como o de Noia, Sobreviñas- deberían estar protexidas. Son deseños naturais que nin o mellor paisaxista podería imaxinar. Lugares que sen a auga precisa, as pedras colocadas polos nosos antergos, a vexetación autóctona, van desaparecer en breve. E unha pista de cemento ou de “pichi” xa me diredes que interese ten.
    Grazas aos irmáns Chouza por esta sensibilidade, por este documento.

  10. 24 / Outubro/ 2009

    Exactamente, Certo. Coa conservación dos camiños hai un problema grave: en moi poucos catálogos municipais se contemplan como patrimonio protexido. No Barbanza unha valiosa rede tradicional que comunicaba parroquias e definía o acceso aos chans do alto (dirección Noia) está case perdida. Para que un camiño sexa protexido, ten que haber sospeitas moi fundadas de que sexa “romano”. É un grave erro, ao meu ver.

  11. PabloV
    24 / Outubro/ 2009

    preciosa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *