Muzorama (2008). Dirixida por Elsa Brehin, Raphaël Calamote, Mauro Carraro, Maxime Cazaux, Emilien Davaux, Laurent Monneron e Axel Tillement.
Les Ventres (2009). De Philip Grammaticopoulos (extracto)
A primeira curta que lembro ver foi no cinema, na revista previa á emisión da película, cando era moi neno. Só lembro unha escena arrepiante: un mozo tocando o violín cos tendóns dos seus pulsos, aos que rascuñaba mentres saía sangue. Desde aquel espanto, sempre tiven a sensación de que as curtas podían ser soños plácidos ou os pesadelos terríbeis de alguén que, por cuestións económicas ou materiais, non os podía trasladar ás longas. Un espazo de liberdade onde pode estar o máis fermoso, o máis feo, e tamén o máis inquedante. Estas dúas curtas transmiten algo desa inquedanza onírica, dese pesadelo de mala dixestión noturna, o cal non quere dicir que sexan malas, por suposto, senón, repito, inquedantes. Muzorama está baseada no mundo do ilustrador francés Muzo, e Les Ventres ten un curioso contorno gastronómico. A ver que vos parecen.

Encantoume “Les Ventres” !! que inquedante! recórdame un pouco ó neno gordo que visita a fábrica de “Charlie e a fabrica de chocolate”..
Con “les ventres” casi morro de medo e Muzorama..fascinante, grandioso, estupendos debuxos.