Acabamos de chegar a Austin (Texas), para participar a partir de mañá no International Symposium on Online Journalism que organiza a Knight Chair in Journalism e a UNESCO Chair in Communication at the University of Texas at Austin. Nós falaremos o sábado sobre o proceso de converxencia de medios no Estado español e a elaboración de ferramentas metodolóxicas para medir a súa evolución.
O Simposio é un dos mellores observatorios para coñecer a actualidade máis candente dos cibermedios, das súas políticas, economías, novos formatos e audiencias que hai nestes momentos, e neste ano estarán aquí responsábeis de edicións electrónicas de medios de Europa, Asia, Estados Unidos e Sudamérica. Intentarei tomar notas en aberto que poderedes seguir en directo no meu Twitter (pódense ver todas xuntas no tag do symposio, ver #isoj), aínda que despois farei un par de posts recompilando e estruturando a información. E ao mellor tamén teremos vídeos. :-)

Estamolo pasando moi ben coa vosa viaxe e tamen un pouco moito de envexa ,da san e mais da outra.
Perooooo,non comestedes ou non vale a pena contalo