Nunha cea compostelana, a semana pasada, un comensal conta unha historia:
-Co tema este da crise dos xornais de papel, pregunteille ao meu quiosqueiro se vendía menos periódicos que antes. El díxome que si, que de case todos vendía menos exemplares, menos dun. “¿Cal?”. “El Correo Gallego”, díxome, “El Correo Gallego está subindo”, e continou “¿E sabes por que?”. Eu non o sabía. “Pois a xente merca El Correo Gallego para mirar en privado as ofertas de emprego local, porque lles dá vergonza que os vexan mirándoas nos bares. Así que mercan o xornal e o levan para a súa casa a mirar os anuncios”.
Ficamos todos en silencio. A crise económica dá máis medo nestes pequenos detalles que nas grandes macrocifras.

Eu tamén pregunto por esas cousas na libraría na que merco o xornal, e notaron moito a baixada das vendas, e as únicas cabeceiras que venden algo son La Voz e El País. El Mundo/El Correo venden algo, pero o resto venden apenas 1 ou ningún exemplar ao día. Con estes datos non entendo cómo é posible que alguén lance unha nova cabeceira autonómica.
A crise en vendas tamén está a afectar moito ás revistas, das que boa parte van de volta, e as propias distribuidoras córtanse bastante ao remitir exemplares.
De todos os xeitos, coido que iso non se repite coa mesma intensidade nas vilas, pois eu vexo como en Melide durante as fins de semanas esgótanse os xornais en varios puntos de venda, e logo flipo ao chegar o domingo pola noite a Coruña e ver que incluso quedan exemplares dos xornais con DVD.
Concordo completamente. Estou apavorado con este novo dato.
¡Qué miedo! Y yo mañana ya en el paro….
Un saludo
Claro, porque ademáis hai dous matices sociais importantes no caso. O primeiro é: ¿por que El Correo e non La Voz ou outro xornal que teñen unha sección de ofertas de emprego máis grandes? Pois basicamente porque a xente que se atopa nunha situación difícil aínda tenta buscar traballo na súa mesma cidade. Quen sabe como se a cousa cambiará dentro dun ano ou dous. E o segundo: ¿por que se agachan dos demais, por que lles dá vergonza? Algo indica da nosa cultura social actual cando algo tan noble como a busca de traballo, en moitas capas da sociedade, aínda é un problema oculto. Tamén veremos que ocorrerá nun par de anos, se isto non mellora.
Pois a min siguenme guindando a prensa de vez en cando, pero debe ser mais por mor da crisis que do paro en si.