A pastelería Miguel Ángel, de Bertamiráns, gañadora do I Concurso de Orellas de Santiago e Comarca


O vídeo do proceso

Pois si, onte á noite tivemos a xuntanza do xurado do I Concurso de Orellas de Santiago e Comarca na Viña de Xabi. As gañadoras, por unanimidade, foron as orellas da pastelería Miguel Ángel de Bertamiráns, seguidas das de Celma en segundo posto e Mollete en terceiro. En total, o xurado avaliamos 10 orellas diferentes, das que nos fixabamos especialmente no sabor, na textura, na presentación, aroma e puntuación global. En xeral, como pasa sempre nos xurados, malia realizarmos cada un votacións individuais e sen fixarnos nas dos outras, o gañador apareceu claramente na primeira rolda, e todos tiñamos claro por que. Eran as orellas que, na súa masa, sabor, presentación e textura ofrecían unhas orellas máis auténticas. Se cadra, poida ser bastante significativo neste sentido o feito de que a gañadora fora unha panadería de Bertamiráns, e non de Santiago cidade.

Non quero deixar de sinalar tamén a orixinalidade da segunda clasificada, Celma. As súas orellas estilo “Moai“, cunha masa crocante e seca deron moitísimo que falar.

O xurado afrontou a dura tarefa do exame de orellas cun par de viños doces: de primeiro un Eduardo Mendoza Moscatel de la Marina e logo o magnífico Ordóñez nº 1.

Aquí vos deixo un making of desta divertida experiencia que organizou Sole e participaron Alina, Berta, Eugenio, Jorge e Mónica.


Mesa de cata do xurado. Foto: Sole

6 Comments

  1. 17 / Febreiro/ 2009

    ¡Cómo os lo “curráis” la panda de los Blogogastrónomos galegos! De verdad que dais mucha envidia.
    Enhorabuena

    Roberto

  2. Moncho
    17 / Febreiro/ 2009

    Home!! De Bertamiráns tiña que ser!!

    Se é que en Bertamiráns, menos os políticos, todo é bo…!

  3. elena
    17 / Febreiro/ 2009

    Noraboa pola idea que potencia os nosos productos autoctonos galegos. Non estaria demáis que puxerades unha comparativa de prezos das orellas degustadas, podía axudar a decidirse a moitos clientes.

  4. 17 / Febreiro/ 2009

    Unha boa idea. O certo é que o rango de prezos é do máis diverso e, desde logo, non vinculado directamente á calidade do produto. Desde os 40 céntimos/unidade que creo que valeron as gañadoras (que foron das máis baratas, senón as máis) ata as de 1’40 ou 1’50/unidade que valían as máis caras.

  5. 18 / Febreiro/ 2009

    Genial el video aunque alguna parece que le pasa algo en la boca de lo pija que suena.
    Prometo hablar “normal” si hay 2nd chance.
    Nos vemos
    Berta

  6. 15 / Abril/ 2012

    The very next time I read a blog, Hopefully it does not disappoint me as much as this particular one. I mean, I know it was my choice to read through, however I really thought you’d have something helpful to say. All I hear is a bunch of complaining about something you could fix if you were not too busy searching for attention.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *