Atención, viñazo: Volver 2005

Cando Doña Concha Valladares vai á trastenda da tenda, é para algo bo, sempre. “Xa verás que rico”, díxome a última vez que estiven en Valladares (República do Salvador, 14, Santiago). E trouxo este excelente Volver 2005, de La Mancha. É o prototipo de viño redondo, cunha integración perfecta de todo, moi ao gusto norteamericano; non en van o seu adegueiro é Jorge Ordóñez, o principal importador de viño español nos Estados Unidos. Unha importante nariz a regaliz, a cereixa, unha cor profunda a froita vermella madura, un trago longo, unha sensación final de sabrosura. Un puntazo de viño, vaia. Sae por 13 euros, e ten unha relación calidade-prezo excelente.

5 Comments

  1. 13 / Febreiro/ 2009

    Non é un dos meus preferidos dentro dos que levan o selo de Orowines, a exportadora de J. Ordoñez. Ningún dos da Mancha que eles fan, de feito, me termina de “encher o ollo”. Prefiro os Jumillas ( os Juan Gil e os Clio e El Nido) e por suposto os Montsant e por enriba de todo os dulces que el mesmo firma e que lle fixo o finado de Alois Kracher….

    Viños un par de metros por enriba dos demais. Este para min, sendo correcto, non resulta para nada chamativo. Agora ben… no mercado americano seguro que resulta un exito, polo que me contan…

  2. 15 / Febreiro/ 2009

    Graciñas Manuel, polas suxerencias e por esa xenerosidade en compartir experiencias. Lendo o comentario de XL. en referencia a Juan Gil, decir que este fin de semana un cliente que pediu un jumilla, recordoume esa adega de Juan Gil, que según a súa información, estaba asesorada por un dos mellores enólogos do mundo que se chamaba Robert Parker… e despois daquelas palabras, quedei
    “sen palabras”, sen ánimos de debate…máis ben baixei a cabeza e…¡dabute!

  3. 15 / Febreiro/ 2009

    Só quería resaltar o enredo da xente cando quere falar con propiedade, para min os jumillas son viños moi respectables e que están evolucionamdo moi adecuadamente.

  4. 15 / Febreiro/ 2009

    Paco, efectivamente, creo que os jumillas están a evolucionar estupendamente. Coincido co ben que está o Juan Gil e, en xeral, case todo o que fai Ordóñez. De todos, José Luis, o Clío custa case 40 euros e o Nido anda en 130 ou 140; e o Volver que comento anda polos 13… :-)

  5. 16 / Febreiro/ 2009

    É certo, son viños caros. Pero menos de 13 valen, por exemplo, o Wrongo Dongo de 2007 (6€) o Cam Blau de 2005 (Montsant. 12€) ou si me apuras o Atteca de 2006 (13€). Todos viños feitos en diferentes adegas para o grupo Jorge Ordoñez…

    Para min todos antes e mellor que o “Volver”… pero para gustos viños claro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *