Matsu 2006, viticultura biodinámica con conciencia en Toro

Son tres viños con tres personalidades, o Pícaro, o Recio e o Vello, como vedes nas excelentes fotos de Salva & Bela, que corresponden un pouco aos tres gustos do público máis identificados no mercado e que teñen por modelo fotográfico a tres labregos da zona (aínda que parezan, en realidade, obreiros victorianos). Matsu, que significa ‘Agarda’ en xaponés, é o novo proxecto de Vintae Luxury Wine Specialists, a compañía que está detrás dos excelentes viños brancos rioxanos do Castillo de Maetierra, dos que xa teño falado por aquí. Vintae está a lanzar este proxecto experimental en Toro, atendendo aos principios da viticultura biodinámica e ecolóxica e desde a base da responsabilidade social corporativa, cun gran concepto publicitario, de imaxe, pero parece, polos resultados, que tamén a súa elaboración.

Por agora, están ofrecendo o Matsu 2006, unha sorte de síntese dos tres. Eu xa o probei e defínese pola corpulencia e o carácter da terra de Toro, cun froitas negras moi maduras, notas de monte baixo -que habituais son nesa denominación- e goloso de vez. Dará que falar este ano. Xa está tamén no Wine Codex.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *