Un grupo de estudantes do MIT dirixido por Pattie Maes, do grupo de Interfaces Fluidas, veñen de desenvolver un prototipo que convirte calquera superficie nunha pantalla interactiva. Empregando unha webcam, software, un pequeno proxector e conexión a Internet a través do móbil, o dispositivo analiza a realidade física que se atopa diante del e reacciona en consecuencia: desde tomar fotos ata recoñecer a un suxeito humano nunha festa e despregar sobre a súa camiseta “unha nube de tags que o definan” (sic). Un desenvolvemento tecnolóxico sinxelo e enxeñoso que os seus investigadores definiron como un “sexto sentido” cibernético.
Por certo, paga a pena botarlle unha ollada aos proxectos do Grupo de Interfaces Fluidas.

realidade aumentada