Coas nosas mans, Premio Nacional de Periodismo Álvaro Cunqueiro á mellor web gastronómica


“Esta é a miña máquina”, unha das historias de Coas Nosas Mans. Podes vela aquí.

Estamos que nos saímos. Coas Nosas Mans, o sitio web que realizamos desde o Grupo de Novos Medios da USC, cun equipo integrado por alumnos das titulacións de Xornalismo e Comunicación Audiovisual dirixidos polos profesores Xavier Vaz e eu mesmo para o Fórum Gastronómico, acaba de gañar o áccesit a mellor web gastronómica no XV Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro que convoca o concello de Lalín. O proxecto foi realizado co apoio da Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago e o Fórum Gastronómico de Santiago.

Coas nosas mans
é unha gran reportaxe multimedia sobre o pasado, o presente e o futuro do cerne da nosa gastronomía: os alimentos. Cos alumnos, percorremos moitos quilómetros retratando aos produtores e transformadores dos alimentos do noso país, amosando a íntima relación da nosa cultura coa orixe natural dos nosos mellores produtos alimentarios.

Quero darlle as grazas a Eloi, Rocío, Vanesa, Silvia, Mónica, Elena, Andreia, David, Eloy, Jabi, Juan, Roy, Samuel, Víctor, a Xosé Cannas, a Sole, a Xabi Vaz, a Pep Palau e Jaume Von Arendt, a Turismo de Santiago, á Facultade de CC. da Comunicación e a todos os patrocinadores do proxecto por crer en nós, por todas as horas e ilusión investidas en este proxecto, e tamén ao xurado por elexirnos como mellor web gastronómica.

8 Comentarios

  1. 23 / Xaneiro/ 2009

    Non se merecen. Creo que non puidemos buscar un nome mellor para o proxecto.

    Noraboa a todos!!!!

  2. 23 / Xaneiro/ 2009

    Poucas veces un premio foi tan merecido como cando se conxugan aprendizaxe, pasión polo que se fai e traballo ben feito.

    Parabéns a todos!

  3. césar
    23 / Xaneiro/ 2009

    É unha nova fantástica e moi merecida polo expléndido traballo

    Parabéns

  4. 23 / Xaneiro/ 2009

    Parabéns!

  5. burelao
    24 / Xaneiro/ 2009

    Gracias a ti por todo Manolo!!!
    O premio foi facelo e, agora, mel sobre filloas!

    Gracias compañeiros!

  6. 24 / Xaneiro/ 2009

    fantástico traballo, rapaces, (so botei en falta un pouco mellor mellor son)

    que tal utilizar este formato para unha serie ala “Galicia para el mundo”?

  7. 27 / Xaneiro/ 2009

    Alégrome de que polo menos algún dos premios deste ano sexan xustos, xa que o primeiro premio vai para un libro editado polo propio Concello de Lalín con certo tufillo a tongo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *