Madrid City Murmur, unha aplicación para revelar onde se concentra a atención dos medios

¿Pensaches algunha vez en como se vería un espazo urbano a través dos ollos dos medios? City Murmur tenta comprender e visualizar como a atención dos medios reconfigura o espazo urbano e a cidade“, afirman na páxina principal do web CityMurmur, un interesantísimo proxecto sobre análise xeográfica de contido de medios que non coñecía. O primeiro proxecto é Madrid. Na interface de consulta pódense filtrar os espazos por temas, por tipo de medio (tradicionais, dixitais, redes sociais, medios alternativos, blogs, etc.) e por escala; en función do volume de datos extraídos dos medios, represéntanse (amplifícanse, ou desaparecen) espazos urbanos concretos de Madrid. Interesantísimo.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *