Deixa que o viño fale: porque a lingua tamén é terroir

Ano 2008: non deixa de ser surrealista que, a estas alturas, siga sendo preciso demandar que os viños do noso país dispoñan, cando menos, dun certo número de unidades etiquetadas na nosa propia lingua. Pero así é. A nova campaña de Funcionarios pola Normalización Lingüística reivindica que os consumidores apoien ás empresas que apostan por este etiquetado, mercando os seus viños. O galego tamén é terroir, parte do espírito dos nosos viños, un elemento de identidade doado de ver e comprender. Así que apoiemos ás empresas que defenden o terroir lingüístico dos caldos e a lóxica dun país normal.

4 Comments

  1. 21 / Decembro/ 2008

    E que pintam os funcionários pedido a etiquetagem em galego do vinho? Se ainda fosse do café… :)

  2. 22 / Decembro/ 2008

    Non ho! non sexas así franco.
    A verdade é que esta xente está a facer cousas moi interesantes na normalización do uso do galego neste e noutros sectores. O que si resulta curioso é o que di aquí Manuel Gago, isto de que a estas alturas teñamos que seguir demandando o uso da nosa lingua é máis que chocante.
    Certo tamén é que para Galiza o galego é terroir.
    Saúdos, saúde e brindar con viños que falen galego.

  3. 22 / Decembro/ 2008

    Hai un detalle da imaxe da campaña que non me parece equivocado. Saen catro copas de viño e todas son de tinto, cando a maioría dos viños das D.O. galegas son brancos. Será que alguén non fixo as súas tarefas?

  4. 22 / Decembro/ 2008

    Ben, non é unha campaña de políticos, así que non teñen que andar cun sistema de cotas brancas e tintas!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *