Venta La Ossa 2005: unha explosión balsámica

Esta simpática etiqueta dunha osa larpeira agacha un viño singular, mostra da alma versátil do tempranillo, capaz de ofrecer todo tipo de caras. O Venta La Ossa 2005, da adega de Castela-A Mancha Mano a Mano, é unha pasada. Sabores balsámicos, a menta, finais de froita negra madura. Unha caña por 15 ou 17 euros que hai que probar se tes curiosidade por coñecer viños moi diferentes e con garantías. Iso si, conservadores e ceas de Nadal, abstéñanse. Máis no Wine Codex.

Be First to Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *