

Dous detalles de Groundwater Resources of the World (UNESCO)
A UNESCO acaba de presentar este importantísimo Mapa de Acuíferos Subterráneos. Unha ollada rápida (aquí en grande, e aquí en PDF) permite descubrir, de xeito fascinante, as enormes reservas de auga que persisten nas profundidades da Terra, 100 millóns de veces máis que o volume de auga fresca que levan os ríos e outras correntes do planeta, e como en territorios coma o Sahara a auga parece terse toda afundido baixo as areas e seguir o camiño dos antigos ríos que percorrían o deserto.
Pero unha segunda ollada é máis pavorosa. O Ouro Azul subterráneo non entende de fronteiras internacionais, por suposto, así que unha significativa parte dos acuíferos do planeta son transfronteirizos: 68 en América, 38 en África, 155 en Europa e 12 en Asia. ¿Veremos nun futuro de cambio climático unha guerra polos acuíferos subterráneos? Aínda que algún experto, en New Scientist, afirma que non parece factíbel, todos coinciden en que o Mapa é, sobre todo, unha ferramenta para chegar a acordos internacionais con certa rapidez (antes de que as cousas se poñan complicadas, engado eu).

¿Y segun ese mapa Galicia carece practicamente de acuiferos subterraneos o lo he entendio yo mal?. Espero que sea lo segundo porque sino pinta pero que muy mal la cosa…
Eu non entendo moito de xeoloxía, pero así parece ser, aínda que soe paradóxico polo tema do noso clima. Ten que ver coa conformación do sustrato xeolóxico, se non me trabuco. Se te fixas, afecta a todo un segmento do Atlántico: Galicia, Bretaña, Gales, Escocia, Irlanda, e maís arriba aos países escandinavos. Outro detalle a ter en conta podería ser a escala do mapa e o tamaño global dos acuíferos.
¿Algún xeólogo na sala?