Xavier Castro escribe sobre Viños e Libros en Galicia Hoxe:
Os viños de nós, que tamén saben durar anos, gozan de irrefutable mocidade e gustan de ser moi humanos compañeiros. Constitúen a nota máis leda na sinfonía das nourritures terrestres e son peritos na arte do amizoso reconforto, destilando no espírito grolos comparables ás palabras insubstituíbles e necesarias, cando máis en falta as botamos. Quécennos o corazón cando sentimos que botan o seu brazo por riba do noso ombreiro e nos apertan contra eles transmutándonos en parella moza que estrea o pálpito inédito dun nacente namoro. O viño que se franquea na copa constitúe unha forma de amor, que, como enunciaba Gil de Biedma nun poema, ten notable calidade de vida. E é quen de sabérnola dar. Grazas a el, nada queda dentro da nosa alma inmóbil, xa que o viño move a primavera e medra como unha planta de alegría, é o vento que move o día, facendo que o corazón ascenda as pólas. Xa que logo, permitamos, agora que este libro remata, que o cántaro de viño, ao bico de amor sume o seu bico, e, deste xeito, aplíquemonos, con Neruda, a propagar o fraternal cántico do froito.

Buenas tardes: só para avisar que incluà o CapÃtulo 0 na listinha que fiz para comemorar o BlogDay. Gracias.
Muito obrigado, Cesar!