
A Asociación de Sumilleres Gallaecia leva dez anos entregando os galardóns Distinguidos Gallaecia 2008. Está ben que sumilleres que se baten, en proximidade, coas botellas e as caixas, cos elaboradores, as colleitas, o clima e os encontros, que peinan continuamente marcas novas do ámbito galego, fagan un baremo anual. Parker, Peñín, as Guías de El País, do ABC, de Campsa, etc…abren portas ao exterior, pero son variábeis e volúbeis coma o vento, e dependen de moitos factores que, ás veces, teñen máis que ver coa distribución e a loxística que coa calidade intrínseca do viño. Pero as valoracións dos sumilleres dos restaurantes e tendas galegas permiten ver unha secuencia prolongada nunha década: adegas e marcas que aparecen e permanecen, algunhas son flor dun día e outras botan raíces. A min paréceme unha lista moi fiable.
Os Distinguidos Gallaecia 2008 fálannos, se os miramos en perspectiva, da existencia dun canon, dun dream team de adegas e marcas que aparecen ano tras ano neste listado: Ladairo, Algueira, Coto de Gomariz, Pazo de Señoráns, Martín Códax, os viños de gama alta da Cooperativa do Ribeiro, Godeval ou, nos últimos anos, Viña Nora ou Galgueira. Son de todas as denominacións e responde a unha realidade: o traballo paciente e constante dalgúns adegueiros, que conseguen viños de gran calidade e con regularidade, colleita tras colleita, a base de moito esforzo. A segunda tendencia que se observa este ano é que sinalou Xurxo Rivas, que é o presidente de Gallaecia, tamén vimos contándoa hai tempo en Capítulo 0: a puxanza dos tintos galegos, cada vez de máis calidade: prepárense porque van dar que falar aquí e no exterior moito nos vindeiros anos.
Aquí vai a lista de Distinguidos (eu xa irei mercar algún que non coñezo):
D.O. Monterrei
Blancos
Ladairo Barrica´07
Pazo de Mariñan´07
Tintos
Castro de Lobarzán´07
Ladairo Barrica´06
D.O. Rías Baixas
Blancos
Agnus Dei´07
Dávila L 100 ´06
Ex-Libris´07
La Val sobre Lías´03
Martín Codax´07
Nora da Neve Barrica´06
Organistrum´06
Pazo de Señoráns´07
Quinta de Couselo´07
Valdamor Selección´05
Valmiñor´07
D.O. Ribeira Sacra
Blancos
As Glorias´07
Casa Moreiras´07
Tintos
Alcouce Barrica´06
Algueira Barrica´06
Estrela´07
Peza do Rei Barrica´06 Viña Cichón´07
D.O. Ribeiro
Brancos
Casal de Armán´07
Gomariz Xistos´07
Coto de Gomariz Selección´06
Colección Costeira Treixadura´07
Casal de Paula´07
Clodomiro 1912 ´07
Gran Solbeira´07
Lagar do Meréns Barrica´07
Terra do Castelo Selección´07
Viña Costeira´07
Viña Mein´07
1040 Sameirás´07
Tintos
Elisa Collarte Barrica´07
Finca da Taina´06
Gomariz 30 Aniversario´04
VX Cuvée Caco´06
VX Cuvée Primo´06
Tostado do Ribeiro
Alma de Reboreda´05
D.O. Valdeorras
Blancos
A Coroa´07
Casal Novo´07
Erebo´07
Godeval´07
Godeval Cepas Vellas´07
Gran Ruchel´06
Santorum Barrica´06
Tintos
Galgueira´07
Joaquín Rebolledo´07
Santorum Autor Barrica´06
Viñaredo Barrica´05
Ruchel Barrica

No estou eu moi seguro de que os Sumilleres Gallaecia , estivesen de todo atinados.
No meu modesto entender figuran dous ou tres viños que non deberÃan figurar nesta relación. O digo porque os teño probado máis de unha vez e sempre me defraudaron e penso que ti tamén sabes cales son
Sen dúbida hai algúns que eu tampouco vexo moi claros, pero ten en conta que na cata de Gallaecia estableceron tres niveis de puntuación, aÃnda que na listaxe final aparecen todos xuntos, agrupados unicamente por D.O.s, e sen amosar a súa puntuación concreta. Descoñezo a puntuación de cada un deles, pero en liñas xerais a perspectiva parece bastante coherente.