
O Girl Effect é unha estupenda campaña publicitaria que ten por obxectivos demostrar que, fortalecendo e apoiando ás mulleres do Terceiro Mundo, se pode transformar a realidade social e económica destes países. O que máis me gusta da campaña é a preocupación polo branding, é dicir, a capacidade de trasladar un concepto económico e social a unha linguaxe publicitaria atractiva e coherente en todas as súas aplicacións e manifestacións, como se pode apreciar no seu sitio web. O seu vídeo, na liña dos videoclips tipográficos que temos visto moitas veces en Capítulo 0, é un exemplo de explicación dun proceso complexo en conceptos sinxelos e dinámicos:

Imaxino o lavado de cara dunha multinacional americana detrás deste anuncio. Unha multinacional famosa pola eficacia das súas campañas publicitarias.
Desde o realismo sen imaxinación pode un intentar crer este anuncio pero desde a realidade imaxinativa non. Realmente hai que botarlle demasiada imaxinación para imaxinar: A girl living in poverty.
O branding é fantástico, á altura da fantasía que anuncia.
Imaxino os cambios que faría Oscar Wilde en “la decadencia de la mentira” se tivese a oportunidade de saborear estas exquisitas mentiras planetarias que nos ofrecen desde a web. Son tan grandes, tan colosales, tan americanas… tan falocráticas. Son unha grande burla ao feminismo, convertido en placebo, e por desgracia son unha grande burla ás mulleres.
Non estou moi de acordo co que dis, Ruth. Con independencia do papel das multinacionais, as organizacións que traballan no terceiro mundo deben procurar financiamento para os seus obxectivos, e nada hai de malo en conquerilo nas multinacionais a través dun acordo que beneficie a ambas partes. Cando operas no Terceiro Mundo, precisas moitos recursos e ninguén anda sobrado deles.
Sen analisar este proxecto en concreto -o post chama a atención sobre a campaña publicitaria, a forma comunicativa de construír a mensaxe, e non sobre a súa execución no terreo, que non coñezo-, non creo que as mulleres ás que están dirixidos os programas de microcréditos en Asia e África -con este proxecto ou con calquera outr0- se atopen por agora no mesmo esquema de reflexión que ti dis: os seus problemas teñen que ver con cousas moi inmediatas: a alimentación, con sobrevivir a unha familia enorme, con tentar conseguir algo equilibrada do mañá inmediato e cun réxime familiar -depende da sociedade- máis ou menos machista. Oxalá chegue un día no que se poidan parar cousas como as que ti dis. Entrementres, eu prefiro crer na pequena forza transformadora dunha vaca ou do apoio a unha pequena empresa de comercio.
É unha opinión, vaia.
Estou dacordo no que dis Manuel, con respecto ás pequenas forzas transformadoras. Creo firmemente nelas. Esas pequenas forzas transformadoras son as máis necesarias en tódolos mundos. Tamén creo no traballo das organizacións de cooperación e por suposto nos programas de microcréditos.
O que non podo é crer na mensaxe dunha multinacional hipócrita, que é famosa precisamente por aproveitarse do traballo barato dos nenos do terceiro mundo.
Tamén estou dacordo contigo en que a campaña publicitaria é fantástica. Pareceume un branding impecable. E ademais conta unha historia tan bonita … e tan improbable.
Eu creo que o problema base desas mulleres é que viven en sistemas sociais e familiares construídos desde o desprecio, o odio e a violencia cara elas, “marca da casa” de tódalas sociedades subdesenvolvidas e das que non o son tanto. O peor non é que sexan pobres, que por suposto é terrible; senón que son excluídas.
Non podo evitar imaxinar o tempo que lle vai durar unha vaca a unha desas nenas e tamén quenes lla quitarán e cómo. Casi prefiro non imaxinalo e imaxinar que convencemos aos do concello das bondades de que as nenas teñan vacas. Non sei se chegaremos a tempo porque polo camiño pode que algún do concello xa tivera participado na malleira de morte que lle deron á rapaza, para quitarlle a súa vaca. Por certo ¿cómo se chamaba esa rapaza que soñou que ía ter unha vaca e que co leite ía alimentar á súa familia?. No anuncio teñen nome, na realidade chámanse soamente mulleres, e son esas que andan sempre co conto de que elas tamén queren ter vacas…
Para elas fanse estes anuncios, que tamén son contos..
Esta é unha opinión tamén, ou unha visión persoal desta campaña.