Estamos en Nantes, nun serán agradábel mentres chove nas Rías Baixas galegas. Ao pasear por esta cidade burguesa, antiga capital do ducado de Bretaña extirpada do país polo xacobinismo en 1790, afrontamos unhas rúas cheas de diminutos restaurantes. Non quero facer desta viaxe unha tese de paralelismos entre estas dúas fisterras atlánticas, pero asegúrovos que hoxe deume a risa e a miña cara ben merecería un retrato de sorpresa, polo inesperado do detalle que sucedeu.
Aquí e alí, mozos e mozas reciben alegres as xerras de viño fresco que chegan do interior dos restaurantes. E brindan, con cuncas cheas, pola saúde do grupo. Dixen cuncas? Dixen ben. En cuncas de barro como as galegas!
Xa vos amosarei algunha foto un día destes.

Saude, e espero que as xerras non poñan …recordo de…..
Que envexa me dás !. A Rioja, Bretaña…sempre de viaxe.
Oes, pois vai ser verdade o dos parecidos con Galicia. Hoxe vin na TV francesa que por fin se decidiron a levar o tren de alta velocidade a Bretaña e que chegará… ¡ no 2012!
Só falta que teñan follón cunha cidade da cultura ou co voto emigrante…