
Xurxo Salgado, eu e Xurxo Ayán baixando niveis en Neixón Pequeno. Fotos: Sole
Supoño que isto son vacacións, ¿non? Levantarse ben cedo pola mañá, e conducir ata un dos lugares nos que se escribe a historia deste paÃs a cavar ao sol durante unhas cantas horas, ofrecendo á ciencia (e sobre todo a este cruel solleiro) as nosas humildes calugas pouco protexidas. Si, o equipo de arqueólogos dirán que son un esaxerado e un pouco flipado pero, ¿que queredes que vos diga? Na cadrÃcula de excavación de Neixón Pequeno na que temos a sorte de excavar ao carón dos arqueólogos do Laboratorio de ArqueoloxÃa da Paisaxe do CSIC -Instituto Padre Sarmiento, pódese ver, aÃnda coa terra fresca e recén exhumada, unha cabana de postes antiquÃsima, feita de barro, do século VI ou VII antes de Cristo. Estes postes, ese fogar no que aÃnda se perciben as trazas da actividade do lume, é unha das vivendas máis antigas que conservamos no paÃs e dela saÃron abondosos obxectos.

Un fermoso colgante de pedra saÃdo da cabana de barro
Durante esta primeira semana de vacacións, destaparemos parte da historia nos vizosos castros de Neixón, na parroquia de Cespón, en Boiro. Nesta fermosÃsima penÃnsula do fondo da RÃa de Arousa na que conviven ao carón un do outro dous castros -a relación entre eles aÃnda non está completamente aclarada polo cientÃficos-, o nordés sacúdenos ben e énchenos de terra ata os poros do nariz, o sol queima as calugas e as pernas, pero de cando en vez aflora un anaco do pasado e o poeirento traballo cobra sentido. A poucos metros da nosa cadrÃcula, Cuevillas e Bouza Brey confirmaron antes da Guerra Civil o contacto dos nosos castrexos con remotas rexións do mundo mediterráneo: nunca estivemos illados, parece ser a lección da Historia. En Neixón Pequeno, o cronograma baixa ata a Idade do Bronce, unha etapa bastante descoñecida do noso pasado.

MarÃa cóntanos as súas historias: é pura antropoloxÃa popular
O próximo obxectivo -creo que os profesionais xa lle deron duro hoxe á tarde-, é esta gran casa castrexa, que hoxe pola mañá comezou a aboiar na terra como os madeiros dun buque naufragado. Ten sobre uns seis metros de diámetro. ¿Que haberá no seu interior? Mañán volo conto.


¡Ah, espoliadores de tesouros!
Uns a cavar para facer encoros e roubarlle electróns a terra e outros para interpretala historia.
Do AVE falamos outro día :-)
Saúde e terra, companheiro.
Por sorte, Paco, creo que non teñen nada que ver a construción de encoros e unha campaña científica de excavacións arqueolóxicas da Idade do Bronce. Non lle chamaría ás investigacións científicas de Neixón espolio, non.
:-)