A Lapa de Gargantáns

lapa.jpg

Durante moitos anos, foi o único menhir “oficial” de Galicia. É a Lapa de Gargantáns, en Moraña. Hoxe sabemos que hai outros, aínda que non moitos. O camiño vaise esborrallando cando chegas ata el. E está inzado de tatuaxes…coviñas, círculos, arte rupestre parecida á que se atopou no seu momento en Dombate. Ségueme a impresionar.

Localización da Lapa en Capítulo 0 Mapas

7 Comments

  1. 31 / Agosto/ 2007

    A min segue a impresionarme a cantidade e a cualidade da túa producción. Se houbese que votar polo mellor blog en galego, seguramente votaría polo teu, aínda que non me interesan moitas das anotacións (as gastronómicas, por exemplo).

  2. 2 / Setembro/ 2007

    Barro pra miña casa, pra mín, a anta ou menhir por excelencia de Galicia foi sempre a Pedra Alta ou Antela da Limia.

  3. 2 / Setembro/ 2007

    César, pois moitas grazas polo agasallo do teu comentario. Teño que informarche, con todo, que seguirei escribindo entradas gastronómicas mentres me dure o apetito. :P

    Xavier, agora lembro esa pedra. Pero a de Gargantáns foi a única consignada como tal no Catálogo BIC de Galicia (creo que xa cambiou, pero non o sei); malia haber algunhas máis constantadas, e non só . Publicaches, por certo, algunha foto dese menhir da Limia?

  4. 2 / Setembro/ 2007

    Curiosa a cristianización! ;-)

  5. 29 / Marzo/ 2009

    El menhir de Moraña en peligro. Por su importancia fue escogido como elemento predominante en el escudo del ayuntamiento. Pero este reconocimiento oficial no ha impedido que continuamente y cada cierto tiempo escuchemos hablar de la obstinación de tumbarlo para que no siga apuntando al cielo: Así sucedía en los años 60 cuando los chavales que iban con el ganado al monte lo tenían como diana de las pedradas. En los 80 apareció en el suelo despúes de que unos vándalos viesen frustrado su intento de robarlo. Los incendios de 2006 dañaron sus capas más superficiales. Y este mes el vecino propietario de los terrenos en los que está clavado, ha modificado arrasando con maquinaria pesada el entorno del menhir.

    http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2009/03/28/0003_7618681.htm

  6. 29 / Marzo/ 2009

    Terríbel. Aquí non hai xeito de aprender.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *