
Os salvapantallas online xa son un invento vello. Lembro unha proposta moi interesante do Washington Post, hai anos, nos que o salvapantallas eran as fotos que ían publicando no medio e tickers con titulares de última hora… pero nunca vira algo como Chillmasterflex, unha web de relaxación con tres contornos (cheminea, mar, lago) con música chill out para relaxarse e unha película de moi longa duración dese contorno…

linda foto.
gracias.
interesante e moi util en momentos de estres, un saudo e unha aperta :)