
Gráfico de The future of news, de Oliver Reichenstein
Oliver Reichenstein é o propietario de Information Architects Japan, unha consultora de medios dixitais, e escribe libros no aire, pouco a pouco, redactando pequenos textos e compartindo a súa experiencia. Aínda que a experiencia de construír libros publicamente, paso a paso, non é nova, resultoume especialmente interesante a materia sobre a que traballa desde Tokio Reichenstein: o deseño de interfaces e de noticias. O seu libro The future of news (pdf), é un avance de trinta e oito páxinas dunha publicación que está a preparar no que se pode ver o espazo para gráficos que aínda non existen e no que reflexiona sobre as estratexias que deberan seguir os xornais ante o imparábel ascenso dos medios sociais. O seu blog, en realidade, é tamén o libro de notas previou a outro libro: Brand=UI. Gustoume moito o RealityCheck, o baño de realismo, sobre que funciona ben nas estratexias de apertura corporativa cara a web e no traballo.

Be First to Comment