
Tras uns dez primeiros minutos confusos, a banda de Ocean volve nunha nova entrega con toda a forza de sempre. Son fan absoluto das pelis de ladróns glamurosos de luvas brancas, descapotábeis e Costa Azul. En Oceans’13, Clooney, Pitt e o resto da banda non van á praia, senón que viaxan ao deserto máis rendíbel do mundo. O novo roubo sen violencia e sen pistolas prepárase para o día de inauguración dun novo casino de super luxo na avenida central de Las Vegas, Nevada. Un clásico das receitas de Ocean: humor, sorpresas inesperadas que alteran o curso da historia, estética fastuosa de luxo e impresionantes camisas e traxes a medida dos membros da banda. Como en todas as Ocean, a banda sonora (David Holmes –pódese escoitar enteira aquí) e determinados guiños estéticos reinterpretan e homenaxean a este subxénero clásico do cinema. Para pasar un rato xenial.

Que queres que che diga, por moi ben que poida estar non che creo eu que a vexa… non me atrae nadiña :)