Proxecto Dous Miles (2): Subimos ao Pico Mostallar nos Ancares

mustallar_1.jpg
A Mallada de Piornedo, un val cheo de brañas e lagoas, e, ao fondo, o Mostallar

mustallar_2.jpg

mustallar_3.jpg

mustallar_3b.jpg
Gabeando o empinadísimo tramo final

mustallar_4.jpg

mustallar_5.jpg
Acivros

mustallar_6.jpg

Pois -xa ía sendo hora- coroamos o segundo dos cumios do Proxecto Dous Miles, o Pico Mostallar! Ubicado nas proximidades da aldea de Piornedo (Ancares), o Mostallar é unha impoñente mole de 1935 m -1924 segundo outras fontes- que ten a honra de ser o pico máis alto desta serra fronteiriza. A subida a este cumio, o segundo en altura de Galicia- faise desde a propia Piornedo, camiñando entre as súas pallozas, e o traxecto consiste en remontar un desfiladeiro -aberto- fermosísimo que nos leva ata a Mallada de Piornedo. A Mallada é un lugar espectacular, un val de apariencia lunar, un antigo circo glaciar no que nacen os manantiais do río, como a Fonte de María Rodríguez; aquí os aldeáns do Piornedo custodiaban durante días de soedade os rebaños de todos os veciños e loitaban contra os lobos que baixaban pola noite, e que aínda o seguen a percorrer. Poucos lugares tan impresionantes teño visto na montaña galega.

Desde aquí, subimos guiados por un valado metálico que fai practicamente a divisora entre Galicia e León, nunha costa de vertixe. É o tramo máis complicado. Un sabe o que é gabear cando descubres que o teu vindeiro paso está, máis ou menos, á altura dos teus ollos. A paso tranquilo, a subida ao Pico Mostallar e a súa posterior baixada serán unhas catro horas e media, pero a vista desde o o seu cumio só provoca fascinación. Aquí, o mundo é unha sucesión de montañas e picos ata onde a un lle chega a vista, lagoas pequenas aproveitan as pousadas das montañas a media altura.

Aquí vai unha crónica en vídeo da viaxe de Xurxo, Sole e Manolo:

E aquí, para os que o que estean interesados en subir, un pequeno vídeo cun voo de Google Earth sobre a zona e unhas explicacións máis técnicas sobre o roteiro.

Anterior subida do Proxecto Dous Miles: Pico Tres Bispos

13 Comments

  1. 4 / Xuño/ 2007

    qué bo! Algún día farei algo parecido… aínda que esas costas son tremendas… eu apúntome a algo menor, á ruta dos-“miles”! :P

  2. 4 / Xuño/ 2007

    Andrés, pódoche dicir que hai algúns de mil peores… ;-)

    En todo caso, é certo que o último tramo do Mostallar faise duro de vez!

  3. 4 / Xuño/ 2007

    Xenial.

  4. 4 / Xuño/ 2007

    Moi bonito, ben feito e moi ben explicado.
    Espero compartir con vós algunha destas…
    Na páxina do Ateneo podedes enlazar con “Sendereando”, un dos grupos de amigos que fan sendeirismo.
    Moitos recordos

  5. Nacho
    4 / Xuño/ 2007

    El vídeo está muy bien. Mola la escena en la que llegáis. En la próxima habrá que llevar una botellita de algo para descorchar en la cumbre. A ver si puedo sumarme a alguna de esas escaladas. Creo que el primer plano de la “cagada de lobo” es el empujoncito que necesitaba para acabar de decidirme. :D

  6. 4 / Xuño/ 2007

    No guión orixinal estaba previsto unha “manipulación”, pero este blog tamén o ven nenos. :-P

  7. 4 / Xuño/ 2007

    Grazas, Job, seguirei a pista de Sendereando e benvido a estes comentarios!

  8. Anónimo
    5 / Xuño/ 2007

    Moitas Gracias, e o saudo fagase extensivo a todos os que vos seguimos no blog…Sorte e adiante co proxecto Dous Mil.

  9. dorfun
    17 / Agosto/ 2008

    …por entrar en contradiccions, o Cuiña non e o mais alto dos Ancares? En calquera caso, veño de facer porto de Ancares – Cuiña – Mostallar – 3 Bispos – albergue Ancares e pese as 9 horas de sufrimento e inconsciencia (polo atrevemento) a paraxe e espectacular…

  10. 18 / Agosto/ 2008

    Agora mesmo non o sei, dorfun. Boa paliza que te metiches subindo os picos, pero abofé que paga a pena! Eu prefiro facela en inverno. Como vos pegara o sol moito debestes flipar.

  11. R.
    27 / Decembro/ 2012

    Google video xa non funciona, ¿non?
    Firmado: un que ten a mala intención de emular ó trío Gagos-Felloza.

  12. 27 / Decembro/ 2012

    hahaha!

    Aquí vai o vídeo youtubeado:

    Sorte coa montaña! A ver cando o pé me deixa a min facer outras destas!

  13. 27 / Decembro/ 2012

    E aquí o vídeo técnico:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *